Novo

Máis vistas

Alma. Un sopro de aire fresco

REF.:978-84-9995-221-5
12,00€

Dispoñibilidade: Dispoñible

Details:

Alma. Un sopro de aire fresco, obra na colección Baía Narrativa do profesor, filósofo, ensaísta e novelista José Lorenzo Tomé, centra a súa historia na xeración beat, na xeración europea que sufriu guerras e posguerras española e europea, na persecución dos nazis, dos xudeus e xudías, da contribución de Galiza por medio das irmás ribadavienses Touza, na colaboración cos servizos secretos para salvaren o pobo xudeu dos campamentos de exterminio e propiciaren a súa fuxida a Portugal, África ou América, presentado de forma singular polo pensador Walter Bejamin.


Unha obra poliédrica na que conflúen o ensaio, o diálogo e diversos xéneros literarios, postos ao servizo de resolver unha trama que percorre a obra e que procura poñer en valor o pensamento non abondo coñecido de Bejamin. As irmás Touza son unhas figuras de recoñecido prestixio entre o pobo xudeu sendo consideradas mesmo como heroínas polo Estado israelí, documentadas por Antón Patiño na súa novela A memoria de ferro. Na actualidade, infórmase por diversos medios que Hollyvood está preparando unha película (musical) sobre o seu papel para liberar do holocausto a máis de 500 persoas.


Venda do libro electrónico AQUÍ.

Información adicional

Ano 2017
Nº de páxinas 208
ISBN 978-84-9995-221-5
Autoría Lorenzo Tomé, José Carlos

Detalles

Unha obra poliédrica na que conflúen o ensaio, o diálogo e diversos xéneros literarios, postos ao servizo de resolver unha trama que percorre a obra e que procura poñer en valor o pensamento non abondo coñecido de Bejamin. As irmás Touza son unhas figuras de recoñecido prestixio entre o pobo xudeu sendo recoñecidas mesmo como heroínas polo Estado israelí, documentadas por Antón Patiño na súa novela A memoria de ferro e, na actualidade, infórmase por diversos medios que está preparando unha película sobre o seu papel para liberar do holocausto a máis de 500 persoas.