Campo, Marica

Nace no Val do Mao, Incio, Lugo. Desde hai moitos anos, compaxina o seu traballo profesional como mestra cun dilatado labor literario e cultural que abrangue campos ben variados.

Autora de poemas e de letras para grupos musicais galegos desde o albor da Nova Música Galega; dramaturga (O Premexentes non pode cos paxaros rebezos –Mención de Honor do Premio de Teatro “O Facho”-, O Cazador de Estrelas...); autora do libreto A Casa, musical operístico; colaboradora en múltiples iniciativas docentes e socioculturais dirixidas á dignificación da literatura do país. A publicación en 1992 de Tras as portas do rostro, o seu primeiro poemario editado, supuxo unha auténtica revelación: coñecíamos os lectores a voz intensa e orixinalísima dunha poeta que demorara moitos anos en darnos a coñecer unha entrega á poesía moito tempo servida e arrequecida. De lonxe ven tamén a súa adicación á narrativa, longamente premiada, que agora temos ocasión de gozar como un precioso galano nesta súa primeira colección de relatos, que nos levan desde María Balteira a mulleres dos nosos días.

Publicacións

Poesía

  • Sextinario: trinta e seis + tres. Sotelo Blanco, 2007.
  • Pedinche luz prestada. Espiral Maior, 2001.
  • Tras as portas do rostro. Baía Edicións, 1992.

Narrativa

Teatro

  • O Premexentes non pode cos paxaros rebezos ou Memorias dun Escribano (Cadernos da Escola Dramática Galega, 1984). Peza teatral que é a alegoría dunha ditadura.
  • Confusión de María Balteira. Texto teatral baseado en dous dos relatos de Confusión e morte de María Balteira.
  • O Divino Sainete (2008). Adaptación teatral da obra homónima de Manuel Curros Enríquez.

Literatura infantil-xuvenil

  • E Xoel aprendeu a voar. Oqueleo, 2017.
  • Noutra dimensión. Galaxia, 2011.
  • E Xoel aprendeu a voa (Obradoiro, narrativa, 2009).
  • Abracadabras (2006, Edicións do Castro., poesía).
  • Crispín do Mao, Crispín do mar ; ¡Adeus, pés! ; O enigma do menhir ; Catro pallasos (Xunta de Galicia, narrativa, 2003).

Traducións