Castro Cerceda, Marisa

Nace o 20 de decembro de 1955 en Lugo (San Lázaro, á beira do Miño). Actualmente vive entre Vigo e Oporto. É doutora en Ciencias Biolóxicas e bióloga de profesión, xa que exerce como Profesora Titular na área de Botánica da Universidade de Vigo.

Gústame compartir, máis que calquera outra cousa, porque eso permíteme continuar a aprender. E, por conseguinte, ensinar, considérome esencialmente docente e divulgadora. Como decía un gran maestro meu, se todo o que sabemos é herdado de outros que o traballaron antes e nolo ensinaron, como non vamos a ter a obrigación de compartilo?

Disfruto inmenso no campo, observando a natureza e os costumes sociais, e son tremendamente curiosa, por iso o meu segundo hobby é a investigación.

A sorte é que conseguín que o meu soldo a fin de mes sexa por facer aquelas cousas coas que máis gozo.

Aínda que pareza un tópico, o pouco tempo que me queda libre, dedico a ler, sobre todo novela histórica, biográfica e poesía, se pode ser cunha relaxante música de fondo.

O problema é que me queda pouco tempo para dedicarlle a miña querida familia. Menos mal que son pacientes e enténdenme.

Publicacións

  • Traballo científico: algo máis dun cento de artigos relacionados coa Macromicoloxía (cogomelos).
  • Divulgación (coautora): arredor duns 20 artigos en revistas divulgativas relacionadas co medio ambiente, a natureza en xeral:
    • Guía Micolóxica dos Ecosistemas Galegos. Baía Edicións (A Coruña). 2005. 445 páxs.
    • Cogumelos de Galiza. A Nosa Terra (Vigo). 2005. 142 páxs.
    • Cogomelos de Galicia e Norte de Portugal. Edicións Xerais de Galicia (Vigo). 2004. 357 páxs.
    • Fungos. Proxecto Galicia. Edicións Hércules (A Coruña). 2004. volumen 41: 269-383.
    • Guía das macroalgas bentónicas mariñas de Galicia (inclúe CD-Rom). Baía Edicións (A Coruña). 2002. 167 páxs.
    • Unidade didáctica sobre algas mariñas de Galicia (+ 36 diapositivas). Baía Edicións (A Coruña). 2001. 69 páxs.
    • Etnobotánica sin fronteras/ Etnobotânica sem fronteiras. Grupo CIMPOR (Vigo). 2001. 230 páxs.
    • Guía dos cogomelos comúns de Galicia. Edicións Xerais de Galicia (Vigo). 2000. 303 páxs.
    • Naturaleza sin fronteras / Natureza sem fronteiras. Grupo CIMPOR (Vigo). 1999. 222.
    • Guía Botánica do Parque Rosalía de Castro. Deputación Provincial de Lugo. 1998. 252 páxs.
    • Flora Ornamenal do Albergue Xuvenil de Gandarío. Xunta de Galicia. 1997. 238 páxs.
    • Cogumelos dos piñeirais dunares do Baixo Miño. ANABAM. 1996. 42 páxs.
    • Guía de las setas más comunes de Galicia. Casa de las Ciencias de A Coruña. 1994. 214 páxs.
    • Flora ornamental del Albergue de Gandarío (La Coruña). INICE (Salamanca). 1990. 124 páxs.
    • Guía das setas ou cogumelos de Galicia. Edicións Xerais de Galicia. 1990 (2ª ed. 1994, 3ª ed. 1998). 289 páxs.
    • Guía das árbores de Galicia (autóctonas e ornamentais). Edicións Xerais de Galicia 1989, (2ª ed. 1990, 3ª ed. 2003). 322 páxs.
    • Historia da macromicoloxía de Galicia. SGHN (Santiago). 1987. 48 páxs.
    • O parque da Alameda: un itinerario para o teu lecer. Concello de Santiago de Compostela. 1985. 24 páxs.
    • Como recolectar y herborizar plantas. Caixa de Aforros de Galicia (A Coruña). 1984. 37 páxs.
    • Guía das setas ou cogumelos comestibles de Galicia. Edicións Xerais de Galicia (Vigo). 1982. 192 páxs.

Correo electrónico

Marisa Castro