Domínguez Touriño, Guillermina

Licenciada en Xeografía e Historia, sección de Historia (Medieval), pola Facultade de Xeografía e Historia da USC en xuño de 1977. Actualmente é profesora no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

Comprometida co movemento feminista participa en mesas redondas, programas de radio e televisión defendendo a plena igualdade e os dereitos das mulleres.

Recibiu o Premio do Ministerio de Educación no ano 1996 polas publicacións Materiais para unha Historia non androcéntrica e As mulleres e o traballo.

Colaborou na Revista de Estudios Provinciais, editada pola Deputación de Pontevedra, cos artigos “As mulleres creadoras” e “Vida familiar no século XIX: tratamento iconográfico”.

Participou como relatora no Congreso Nacional XXV AÑOS DE ESTUDIOS DE GÉNERO na Universitat Jaume I coa comunicación “Mujeres Sabias entre la teoría y la práctica”.

Publicacións

  • Tres mulleres galegas de armas tomar. Retallos da nosa historia, Baía Ensaio. Baía Edicións, 2009.
  • As Mulleres na Historia.
  • As Mulleres como obxecto e suxeito da Arte.
  • Materiais para unha Historia non androcéntrica.
  • As mulleres e o traballo.
  • Textos para a Historia das Mulleres en Galicia.
  • Tempos de Mulleres. Coñecémonos: As Nosas Letras.