Reparte o seu tempo entre a docencia da materia de debuxo (en Educación Secundaria na especialidade de Debuxo desde 2005) e a dedicación á ilustración na que se profesionaliza no ano 2004, dando vida a publicacións infantís, libros de texto, ilustracións de prensa e traballos publicitarios ou divulgativos, entre outras.

Nace o 23 de febreiro de 1978 e reside actualmente en Vigo. Licenciada en Belas Artes, Facultade de BB.AA. Campus de Pontevedra, Universidade de Vigo, 1997-2002. Certificado-Diploma de Estudios Avanzados, programa “Modos de coñecemento na práctica artística contemporánea”, departamento de Escultura, que acredita a Suficiencia Investigadora, 2006-2008.

Publicacións

  • Ilustradora de A casa máis animada do mundo, de Cristina Sáez Cazallas. Colección Infantil-Xuvenil. Baía Edicións, 2009.
  • Guía Educativa del Distrito de Moncloa-aravaca. Recursos Educativos no Universitarios. Ed. Ayuntamiento de Madrid, Distrito de Moncloa-aravaca e Tritoma. Madrid, 2009.
  • Historia del Distrito de Hortaleza. Ed. Ayuntamiento de Madrid, Distrito de Hortaleza e Tritoma. Madrid, 2009.
  • Ilustradora de libros de texto desde 2004 para Anaya Editorial.

Correo electrónico: Almudena Aparicio