Nace en Valdeorras en 1957 e reside en Tomiño (Pontevedra). Estudia Ciencias da Educación e desde o ano 1995 dedícase á ilustración de libros.

Desde pequena dedícase a debuxar e pintar e considérase autodidacta. O que máis lle apasiona é escribir e ilustrar aínda que tamén lle gusta moito ler.

Foi seleccionada pola Consellería de Cultura para a Feira do Libro de Bolonia en 1997 e 2003 e preseleccionada para a lista de honra do IBBY polo seu conto Os Señores Meses. Foi ilustradora invitada na revista “Clij” en 1996 (nº 81) e participou en numerosos encontros en bibliotecas e colexios, dentro das campañas de lectura promovidas pola Consellería de Cultura.

Publicacións

  • Farrapos de nube, de Xoán Neira. Xiz de Cor, Baía Edicións, 2007.
  • Lóbez, de Antonio Yáñez. Meiga Moira. Baía Edicións, 2006.
  • O grilo Gastón. Ed. Everest Galicia, León, 2004.
  • A pequena árbore. Edicións Xerais, Vigo, 2004.
  • Ola son a lúa. Ed. Everest Galicia, León, 2002.
  • Os señores meses. Edicións Xerais, Vigo, 2000.
  • A Aventura de Xanzolo. Edicións Xerais, Vigo, 1995.

Exposicións

  • “Galicia Solidariedade” (colectiva de ilustradores galegos pola paz e a convivencia).
  • “As cores do vento” (colectiva de ilustradores).
  • “Cores para a xente miúda” (colectiva de ilustradores, Sargadelos, Ferrol).
  • “Otros pinochos españoles” (colectiva de ilustradores, Círculo de Lectores).
  • “Rosalía ilustrada” (colectiva de ilustradores, Casa da Matanza, Padrón).
  • Cartel para o seminario científico internacional sobre o desastre do Prestige (Consello da Cultura Galega, marzo 2003).
  • Debuxo da portada do libro "Efectos económicos, sociais e ambientais da marea negra do Prestige" (A. Prada-Vázquez) e “A nosa literatura infantil e xuvenil” (2000).

Correo electrónico

Ánxeles Ferrer