AUTORÍA


Buscar autoria por nome.

A B C D E F G I J K L M N O P R S T U V Y Z


ILUSTRACIÓN


Buscar ilustración por nome.

A B C D E F G I L M P R S T U V


Nace en Kaunas (Lituania) en 1979, aínda que actualmente reside en Tui. Realizou estudios de Círculo de Pintura, Casa dos Xóves en Kaunas (Lituania - 1986-1990),
Escola de Belas Artes en Kaunas (Lituania, 1990-1992), Escola de Martynas Mazvydas en Kaunas (Lituania, 1986-1997), Dirección de Publicidade, Escola de Educación Adicional en Kaunas (Lituania, 1997-2000), Tecnoloxías dos Medios Públicos na Facultade de Deseño e Tecnoloxías da Universidade Tecnolóxica de Kaunas (Lituania, 2000-2004). Actualmente é ilustradora e pintora.

Ler mais
Posted in Ilustración-S By Baia Edicions

Nace en outubro de 1945 en Barcelona onde reside actualmente. Realizou estudios de Arte na Escola de Artes e Oficios, Llotja (Barcelona), debuxo en Cercle Artistic Sant Lluc (Barcelona), curso de postgrado de Ilustración na Escola Eina (Barcelona), cursos e seminarios de Filosofía, Humanidades e Arte.

Ler mais
Posted in Ilustración-S By Baia Edicions

Nace en Ares no 1976. Traballa no eido da ilustración e a banda deseñada. Neste último campo, ademáis de números premios en concursos, ten publicadas tres novelas gráficas, “Un hombre feliz” (con prólogo de Miguelanxo Prado) gañou o Certame Castelao de Banda Deseñada e  recibiu o premio de mellor guión, por votación popular, no Saló del Cómic de Barcelona en 2008. “Cartas de Inverno”, adaptación da novela do mesmo título de Agustín Fernández Paz, recibiu  nos premios da Asociación Galega de Editores, o Premio Isaac Díaz Pardo ao mellor libro ilustrado do 2012. No 2014 ven de publicar “LA LUZ” e ilustrar o libro Miña querida Sherezade, de Andrea Maceiras, Gañadora do 6º Premio Meiga Moira de Literatura infantil e Xuvenil 2014.

Ler mais
Posted in Ilustración-S By Baia Edicions

Nace en 1961. Iniciou os seus estudios aos trece anos na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos Maestro Mateo, da súa cidade natal, onde permaneceu catro anos de preparación para a carreira superior de Belas Artes, que cursa na Facultade de Salamanca, na que se licencia en 1988, para facer posteriormente un Magister Internacional de Creatividade Aplicada na Universidade compostelana. Actualmente exerce de profesora de debuxo en institutos de ensinanza media.

Ler mais
Posted in Ilustración-S By Baia Edicions

Técnico superior en ilustración (Escola de artes Pablo Picasso). Actualmente imparte clases de debuxo en: “Colexio Víctor López Seoane” e “Juan Fernandez la Torre” (clases extraescolares a nenos de E. Infantil e E. Primaria).

Ler mais
Posted in Ilustración-S By Baia Edicions

Nace o 31 de decembro de 1954 en Ferrol e reside en Sada (A Coruña). É diplomado en Interiorismo e Licenciado en Belas Artes (Madrid) e, actualmente, exerce de ilustrador e deseñador de cerámica.

Ler mais
Posted in Ilustración-S By Baia Edicions

Ilustra libros da Colección "Queremos saber!" e "Os dereitos do neno e da nena".

Ler mais
Posted in Ilustración-S By Baia Edicions