“Santos #2. Work in Progress”, a primeira longametraxe de Jacobo Paz como guionista, foi estreada no IFFR [International Film Festival Rotterdam] de 2018. Trátase dun documental etnográfico que percorre o mundo creativo de Oliver Laxe desde que este cineasta gaña o Premio FIPRESCI no Festival de Cannes e vai vivir ás montañas de Marrocos.

En 2017, Jacobo Paz escribiu e dirixiu a serie documental “Caminhos de irmandade”, unha co-produción entre RTP [Rádio e Televisão de Portugal] e TVG [Televisión de Galicia]. Entre os seus traballos de non-ficción tamén destaca a escrita de “Galicia Caníbal”, para TVE [Televisión Española].

Amais de creador e guionista das tres temporadas da serie “Casa Manola” de TVG, Jacobo Paz tamén escribiu noutras ficcións para televisión, como a popular comedia “Pratos combinados” ou “As leis de Celavella”, un thriller de época polo que recibiu o Premio Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual. Asimesmo, participou no desenvolvemento dunha serie de ficción para Mediaset España e na escrita da película “Fabricantes de ovnis”, unha co-produción hispanoarxentina entre Pampa Films e Mad Mex Filmanova.

Jacobo Paz desenvolveu numerosos formatos para programas de televisión, como “Sobre rodas”, do que se emitiron tres temporadas en Vtelevisión; ou “Maniotas”, unha produción de Filmax para TVG. Tamén foi guionista do quiz show “Gaña a túa sorte”, de Veralia e Tex45; do programa de cámaras ocultas “E agora que?”, de Areca Films; e do reality show “O gran camiño”, de Filmanova e Continental. Director e guionista de diversos documentais de difusión cultural. Entre os seus traballos de non-ficción destaca a escritura de Galicia Caníbal, para Televisión Española e seleccionado por el Beefeater In-Edit Festival.

Como dramaturgo, Edicións Laiovento publicou en 2005 “Elevador”, a súa primeira obra teatral, e en 2007 un libro recompilatorio de “Teatro Infantil”. Nese mesmo ano a Revista Galega de Teatro edita “Peep Show”. En 2008 Jacobo Paz foi contratado polo Centro Dramático Galego e traballou na creación do espectáculo “Estigma”. Durante o 2012 representáronse diversas pezas teatrais breves da súa autoría, que superaron as 500 funcións e foron recollidas no libro “Dependencias”. Edicións Bolanda publicou “Lobishome” e “Maruxaina”, dous libro-xogos nos que os primeiros lectores elixen as súas propias aventuras.

Con O Gatipedro, inicia un proxecto, en colaboración co ilustrador Xosé Tomas, de achegar figuras do imaxinario popular galego á xente miúda para ensinarlle a superar, con situacións non exentas de ironía, os seus primeiros medos.