(Mondoñedo, 1971) é crítico literario e investigador. Secretario científico do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades da Xunta de Galicia, é tamén profesor de Didáctica da Lingua e a Literatura na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. 

Membro da Asociación Galega da Crítica, a Asociación Española de Críticos Literarios, do Centro PEN Galicia e mais da Asociación de Escritor@s en Lingua Galega, recibiu varias distincións polo seu labor, entre elas o Premio Xerais á Cooperación Editorial 2004, o Premio Literario Ánxel Fole 2010 ou o Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela 2017.

Como crítico literario exerce como comentarista habitual nos xornais do Grupo Editorial Prensa Ibérica (Faro de Vigo, La Opinión) e do Grupo La Capital (El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa, Diario de Bergantiños).

Unha parte representativa dese seu labor como comentarista do libro galego nos medios foi recollida no volume Criticalia (2011). Co mesmo nome, mantén dende febreiro do 2011 un blog de comentario e análise literarios: armandorequeixo.wordpress.com

Editor do limiar e a escolma de Gaiola aberta. Escolma de poesía infantil (1997-2017), de Xoán Neira.