Sampedro Ojeda, Francisco

Nace na Coruña, 1956. É doutor en Filosofía e Catedrático de Ensino Medio. Autor dun centenar de publicacións entre artigos de prensa, ensaios especializados en filosofía, crítica literaria e teoría política.

Ten publicado traballos sobre autores galegos como Risco, Dieste e Novoneyra. Ten traducido tamén ao galego a numerosos filósofos contemporáneos: G. Labica, A. Badiou, J. Rancière, E. Balibar, etc...

Correspondente en Galicia da revista francesa Multitudes, e membro do consello de redacción da publicación galega de pensamento crítico A Trabe de Ouro, onde publica e traduce con regularidade. Impartiu conferencias en distintas universidades europeas (Lausanne, Poitiers, Bologna...), así como na École Normal Supérieure de París.

Publicacións

  • Louis Althusser. Baía Pensamento, Baía Edicións, 2004.
  • O espectro segue a roldar, de Slavoj Zizek. Edicións Laiovento, 2004.
  • A aristocracia imposible: O discurso político de Nietzsche. Edicións Laiovento, 2001.
  • Ideoloxía e distorsión. Edicións Xerais, 1997, premio da Crítica de ensaio.
  • Magrite x 3, en colaboración con Alberto González Alegre e Xosé Mª Álvarez Cáccamo. Edicións Laiovento, 1993.
  • O existencialismo é un humanismo, de J. P. Sartre. Sotelo Blanco Edicións, 1990.

Artigos

  • Psicanálise: filosofía e verdade.
  • Non hai que queimar a Sade.
  • Os brancos do postmodernismo.
  • A temporalidade en Sartre.
  • O rexistro do Outro na idea da morte.
  • Alain Badiou: Filosofía, Ideoloxía, Suxeito.
  • Roland Barthes e a teoría marxista da ideoloxía, etc...