Pere Tobaruela (Barcelona 1965) vive actualmente en Rois. Alterna a escrita en catalán, galego e castelán. Iniciouse neste ámbito con colaboracións para xornais e revistas catalás. O seu paso ao mundo do libro produciuse a partir dunha selección de entrevistas publicadas na prestixiosa Revista de Catalunya. Este foi o primeiro dos máis de cincuenta títulos que viron a luz ata a actualidade nalgunhas das editoriais máis importantes de Cataluña, Galicia e o resto do Estado. Centrou a súa carreira literaria na novela infantil e xuvenil, aínda que tamén escribiu ficción para o público adulto e transitou por outros xéneros: libro ilustrado, banda deseñada, ensaio, biografía, conto e entrevistas. En Baía Edicións empezou a súa andaina coa novela infantil Catro pedras vellas. En branco e negro é a súa segunda publicación nesta editorial.