Novo

Máis vistas

Deter o día cunha flor

REF.:978-84-96893-79-5
19,90€

Dispoñibilidade: Dispoñible

Details:

Luz Pozo e José Valentín seguen unha tradición ben nosa: houbo épocas nas que non se concebía a edición dun libro galego sen as correspondentes ilustracións: de Colmeiro, Seoane, Laxeiro, Xohan Ledo...

Información adicional

Ano 2009
Nº de páxinas 104
ISBN 978-84-96893-79-5
Autoría Pozo, Luz e Valentín, José

Detalles

"Non existe a arte, só os artistas". Se así o aceptamos, podería explicarse a afinidade, a irmandade, entre dúas formas de expresión, imaxe e palabra, que se complementan. Antiga é a relación. Xa Simónides de Ceos sostiña que "a poesía é unha pintura falada, e a pintura unha poesía muda". Luz Pozo e José Valentín seguen unha tradición ben nosa: houbo épocas nas que non se concebía a edición dun libro galego sen as correspondentes ilustracións: de Colmeiro, Seoane, Laxeiro, Xohan Ledo... Relación constantemente renovada, a da pintura e a poesía, que volvemos atopar nesta obra, síntese fecunda de dúas achegas a un todo harmónico. Deter o día cunha flor, este é o título, enunciado-propósito, do libro de Luz Pozo Garza e José Valentín; Luz Pozo, unha das nosas máis grandes poetas; José Valentín, revelación serodia, pero a tempo, dun artista moito máis importante do que a súa modestia lle permite aceptar. Luz e José, dous creadores cun enfoque común de interacción e apoio.

Texto de Ánxeles Penas na presentación do libro na Coruña.

Galería de imaxes: Deter o día cunha flor.

Noticias de interese: La Voz de Galicia, A Nosa Terra, El Progreso e Gañadora do libro galego do ano.