Barriga Verde

  1. O punto da escarola

    9,00€

    Non se coñece con certeza o momento en que foi composta e representada por primeira e única vez O punto da escarola, titiriópera ideada polo Mestre Choupin, músico de escasa pero prometedora proxección ao cal a súa ousadía lle custou a carreira en cernes.

    Máis información
  2. Os golfiños e o xigante

    9,80€

    Pasaron xa dez anos desde que o xigante Bao Xi Xhum salvou dous golfiños do acuario de Fushun dunha morte certa. Por aquel entón, Bao era considerado polo Récord Guiness o home máis alto do planeta e, grazas ao seu longuísimo brazo, conseguiu extraer dúas almofadas de piscina do esófago dos golfiños. A nova, publicada en todos os xornais do mundo, chamou a miña atención, non tanto por ter salvado os animaliños, aínda que tamén, senón porque amosaba dun xeito moi gráfico a necesidade de que cada un de nós acepte a súa diferenza e de ser aceptados como somos.

    Máis información
  3. Ela, piedade dos suicidas

    5,20€

    Segundo o xurado, Ela, piedade dos suicidas é unha nova visita ao vello mito grego de Orfeo e Eurídice que se fixera xa texto dramático na perdida traxedia de Esquilo e que continuou reescribíndose de xeito incesante dando lugar a creacións moi variadas ao longo de máis de dous milenios. Este actual Orpheo é máis poeta que bardo; a súa arte lírica é sortilexio e salvoconduto para obter o privilexio de saír do furado negro infernal.

    Máis información
  4. O lobo e a lúa

    9,50€

    Un lobo ouvéalle á lúa para que esperte. Ten algo moi importante que lle dicir. Dous animais pídenlle que cale. Temen que os ouveos esperten un gato rabudo que vive mesmo nese lugar. A insistencia do lobo fai que os animais fuxan buscando acubillo. Que quererá contarlle o lobo á lúa? Conseguirá o seu propósito sen que o gato esperte e o escorrente?

    Máis información
  5. Un mosquito de nome Henri

    9,00€

    Un mosquito de nome Henri é unha historia de superación e de aprendizaxe na que o mosquito Henri, en compaña da súa inseparable amiga Olivia, levantará o voo nunha aventura chea de piruetas e picados mortais rumbo ao seu destino: ser un heroe.

    Máis información
  6. Fábula galénica

    9,00€
    Fábula galénica, onde «hai animais que falan como as persoas e persoas que se comportan como animais», conta as aventuras do burro da tía Lola, personaxe inmortalizado polos gaiteiros Os Dezas de Moneixas no pasodobre do mesmo nome.

     

    Máis información
  7. Pedra sobre pedra

    6,00€

    Pedra sobre pedra sitúase no momento da construción do Pórtico da Gloria, co Mestre Mateu «afanado en protexer a evolución e remate» da súa grande obra que, malia todos os atrancos, chegou aos nosos días como unha das máis impresionantes mostras escultóricas do Románico europeo.

    Máis información
  8. Bon appétit

    9,00€

    Gañadora na modalidade de teatro para nenas e nenos do Barriga Verde 2009, Bon appétit é unha peza de estrutura clásica que ofrece un canto á gastronomía, en que están "moi ben aderezados" os ingredientes dramáticos e culinarios, ademais de adaptarse perfectamente ao teatro de monicreques.

    Máis información
  9. Auga que non vas beber...

    6,00€

    VII Premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques na categoría de adultos, Auga que non vas beber..., destaca pola axilidade e a ironía dun texto dramático que entronca co “teatro de Cachaporra” na tradición de Barriga Verde, Blanco Amor e Dieste. O seu autor constrúe un musical satírico para monicreques que, inspirado na tradición oral anticlerical ibérica, conta os amoríos do Padre Damián, párroco de Agolada, cunha moi coñecida Carolina.

    Máis información
  10. O soñador

    6,00€

    Esta obra de Gabriel Castilla foi a gañadora do I Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos).

    Máis información