Máis vistas

O punto da escarola

REF.:978-84-92630-01-1
9,00€

Dispoñibilidade: Dispoñible

Details:

Non se coñece con certeza o momento en que foi composta e representada por primeira e única vez O punto da escarola, titiriópera ideada polo Mestre Choupin, músico de escasa pero prometedora proxección ao cal a súa ousadía lle custou a carreira en cernes.

Información adicional

Ano 2009
Nº de páxinas 52
ISBN 978-84-92630-01-1
Autoría Neira Cruz, Xosé A.
Ilustración Calo, Marcos

Detalles

Gañadora do VI Premio Internacional Barriga Verde de textos para teatro de monicreques 2008 (modalidade infantil)

Non se coñece con certeza o momento en que foi composta e representada por primeira e única vez O punto da escarola, titiriópera ideada polo Mestre Choupin, músico de escasa pero prometedora proxección ao cal a súa ousadía lle custou a carreira en cernes. É o que ten meterse co poder establecido en tempos de pouca democracia: córrese o risco de perder a cabeza.

Aínda que se tiñan noticias da existencia desta peza, críase desaparecido calquera vestixio dela. Soamente en data recente as arduas investigacións do musicólogo Davi Zinho Cempés remataron co inesperado achado dun libreto anónimo encadernado dentro dunha revista de calceta. Tan inofensivo envoltorio estaba a preservar para a posterioridade o único exemplar que se coñeza desta titiriópera mordaz, absurda, acumulativa e deseñada contra calquera poder establecido porque si.

Como editores desta reliquia histórica, é un pracer para nós poñela á disposición das lectoras e dos lectores, coa esperanza de que a mensaxe final do seu texto reine nos corazóns e nos ánimos de todos.

Obra escrita por Xosé A. Neira Cruz e ilustrada por Marcos Calo.