Novo

Máis vistas

Amálgama de Desquiciados

REF.:978-84-87674-15-0
8,00€

Dispoñibilidade: Dispoñible

Details:

As narracións deste libro recollen un compango de personaxes que, axudados polas doses de humor, ironía e ternura do autor, fitan con prismáticos desenfocados este inmenso entorno de ferrados que nos espera e engana baixo promesas e palabras de progreso e cambio.

Información adicional

Ano 1992
Nº de páxinas 156
ISBN 978-84-87674-15-0
Autoría Martínez Pereiro, Xosé Luís
Ilustración Martínez Pereiro, Xosé Luís

Detalles

VISUALIZA UN CAPÍTULO DO LIBRO

Venda do libro electrónico AQUÍ.

As narracións deste libro recollen un compango de personaxes que, axudados polas mesuradas doses de humor, ironía e ternura coas que nos agasalla o autor, fitan con prismáticos desenfocados este inmenso entorno de ferrados que nos espera e engana baixo promesas e palabras de progreso e cambio.

Polo libro desfilan misántropos resesos, plantas carnívoras que escriben diarios na oficina, cabaleiros coa armadura enferruxada e con pegatinas, nenos suicidas e godos, criminosos impunes, viaxeiros do prohibido, vendedores da cultura encerrada en tomos, intelectuais especializados en mitocondrias, un filósofo chipriota chamado Nenmolho Nencyprus... todos eles conseguen en nós -como mínimo- un sorriso dos reflexivos e, nestes momentos que nos toca vivir, iso non é pouco.