Poesía

  1. Novo Quen beillaría iso?

    Quen beillaría iso?

    10,00€

    O son amece no idioma a carón da comunicación. Na mestura nace un espello onde se debuxan os elementos da imaxe que nos revela a nós mesmos. Foime dado interpretala.

    Máis información
  2. Novo Resina de poliéster

    Resina de poliéster

    7,00€

    Este libro de Correa Corredoira, o meu amado pintor, é un libro de entrega á causa da vida, de dádiva á dignidade da especie humana e das outras especies. É un documento, un pergameo que se manifesta como o testamento dun pensador rebelde, dividido, crebado pola paixón das súas apostas, das súas necesidades, das súas apostas necesarias.

    Máis información
  3. Novo Prenderei a lareira

    Prenderei a lareira

    14,40€

    (...) Prenderei a lareira, de Vicente Reboleiro, constitúe a mellor homenaxe que se pode facer a Uxío Novoneyra, poeta do Courel mais tamén poeta da Galiza, poeta da nación e adaíl na defensa da nosa identidade política, cultural e lingüística; e por todo iso poeta universal, pois só desde a identificación co propio se pode atinxir a verdadeira universalidade (...).

    Máis información
  4. Novo Rubaiyat

    Rubaiyat

    12,00€

    (...) As Rubaiyat (...) trataban dun pracer destemido, dun dionisismo que falaba coa morte con naturalidade e concisión, economía da sintaxe (...): poemas de mocidade, transgresores, de gozo do viño, tabernarios, do paso do tempo, da natureza (no xardín), de amor erótico, de desamor...

    Máis información
  5. Novo Eu tamén oín as vozes do orvallo

    Eu tamén oín as vozes do orvallo

    8,00€

    Xavier Seoane escribe desde o amor e desde a alegría. Esa alegría promovida non polas gañas de vivir, senón polo vivir. Porque Xavier Seoane é dos poucos poetas capaces de escribir desde a alegría...

    Máis información
  6. Novo O rostro da terra

    O rostro da terra

    7,50€

    O rostro da terra onde a escrita da luz determina a memoria da paisaxe. Paisaxe ensimismada, que se revela e se oculta, que se descifra en códigos secretos, que se mira através de si mesmo, formando unidade desde o espectáculo non desde o asombro.

    Máis información
  7. Novo Afásia

    Afásia

    8,00€

    Terceira entrega en solitario de Xabier Cordal nunha obra que pon de manifesto o avance nos recursos literarios por parte dun dos máis prolíficos poetas da xeración dos 90.

    Máis información
  8. Novo A vella peneira a noite

    A vella peneira a noite

    9,00€

    O poeta percorre o seu mundo físico próximo, recorda a amizade e o espazo vital dos seus primeiros pasos, as lecturas que evocan os seus poemas, para ir afastándonos do mundo da terra firme e facernos camiñar na máis distante galaxia...

    Máis información
  9. Novo A vellez na poesía galega

    A vellez na poesía galega

    9,00€

    Acaída antoloxía literaria que aproveita -(in)directamente- para poñer en valor o papel da vellez na nosa sociedade e a súa importancia como transmisora de coñecementos e vivencias para as xeracións máis novas.

    Máis información
  10. Novo Ámago / Mágoa

    Ámago / Mágoa

    9,00€

    O sentido deste (prólogo) nom é outro que convidar o leitor para que leia as partes escritas e as partes nom escritas do livro, e se percebe que o texto e essa massa branca que o rodeia encaixam perfeitamente, como um molde e a sua escultura, será porque está a ler poesia, sublime poesia.

    Máis información