Novo

Máis vistas

A vella peneira a noite

REF.:978-84-89803-81-7
9,00€

Dispoñibilidade: Dispoñible

Details:

O poeta percorre o seu mundo físico próximo, recorda a amizade e o espazo vital dos seus primeiros pasos, as lecturas que evocan os seus poemas, para ir afastándonos do mundo da terra firme e facernos camiñar na máis distante galaxia...

Información adicional

Ano 2001
Nº de páxinas 80
ISBN 978-84-89803-81-7
Autoría Cordal Fustes, Xabier
Ilustración Estévez, Perfecto A.

Detalles

Dinos o autor, a xeito de explicación do que podemos atopar coa lectura deste poemario que percorre as veas dunha biografía, que nalgunhas rexións, coa frase esta noite peneirou a vella, dise da xeada que caeu sobre o campo, á mañá. No escurecer, se o día esta calmo, saio para vela.

O poeta percorre o seu mundo físico próximo, recorda a amizade e o espazo vital dos seus primeiros pasos, as lecturas que evocan os seus poemas, para ir afastándonos do mundo da terra firme e facernos camiñar na máis distante galaxia, nese universo no que todo, se cadra, está protexido pola branca luz de incerta brillantez do que fica perenne no ser humano: os recordos.

Desde a cama, muda, mira

o teito do universo. Ri ás veces, como se o desafiase,

pero o xesto no tarda en romper,

apágase antes de pronuncialo.

A vida pasa a súa agulla pola boca da avoa.