Novo

Máis vistas

Eu tamén oín as vozes do orvallo

REF.:978-84-87674-48-8
8,00€

Dispoñibilidade: Dispoñible

Details:

Xavier Seoane escribe desde o amor e desde a alegría. Esa alegría promovida non polas gañas de vivir, senón polo vivir. Porque Xavier Seoane é dos poucos poetas capaces de escribir desde a alegría...

Información adicional

Ano 1994
Nº de páxinas 98
ISBN 978-84-87674-48-8
Autoría Seoane, Xavier
Ilustración Patiño, Antón

Detalles

Para amar non chega con amar. Hai que dicilo. Dicir que se quere e que se ama. Porque é dicíndoo que o amar se convirte nun feito. Mentres tanto será ou non será.

Xavier Seoane non pode ocultar que escribe desde o amor, desde o amor radical e desde o amor simbiose. Radical en tanto vai e ven da raíz, á terra onde, como a árbore, colle pulo cara ao ar e voa. E simbiose, ser sendo na gaivota, na luz, no orvallo, único indicador do vieiro que nos leva a verdade, ese tapado do desexo do outro, lugar posible onde goza o goce. Ser sendo no outro e nos outros. Ser polos outros.

O goze dos sentidos, o goce de cada un deles, un a un ou polo xunto, tocar, ulir, gostar, oír, mirar o texto, a textura do texto, a escrita textual, onde antes que ler tócase, rózase, anverso verbal do síntoma falado, o saber que xa se sabe e que hai que dicilo, igual que no amor... O saber da verdade que emerxe tal como vén a palabra. Abonda respirar para ser libre...

respirando

podería abranquer a eternidade.

("Deixa-me respirar")

Todos a extrañar en canto mextraordinario, no asombro de abrir os ollos á luz cada mañá. Xamais non extrañar. Que a vida sexa a emoción de vivila coa guía do poeta e a súa letra.