A Academia de Belas Artes tamén pasa apuros

Para alén dos problemas económicos que está a denunciar a Real Academia Galega, tamén a Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario está a pasar un mal momento. Segundo recollía La Voz de Galicia esta fin de semana, o recente plenario da entidade acordou procurar fórmulas que permitan a supervivencia da institución. A retirada da axuda de 40.000 euros anuais que lle achegaba o Goberno Central motivou que desde a Academia estean a barallar a posibilidade de buscar financiamento mediante a constitución dunha fundación ou mediante unha asociación de amigos da entidade. Os fondos actuais impedirían manter a aberta a institución, segundo aseguran os seus membros.

Fonte: Culturagalega