A Real Academia Galega realiza unha declaración institucional a prol do uso do galego

A RAG anunciara a través dun comunicado que faría pública unha declaración institucional sobre a situación do idioma galego. Segundo sinalaron na convocatoria, a decisión da Academia de dar a coñecer a súa posición ao respecto do proceso de normalización está provocada polos “datos publicados recentemente polo Instituto Galego de Estatística”.

Debido a isto comentan no seu comunicado que os datos estatísticos recentemente publicados veñen apuntar un preocupante retroceso do seu uso nos últimos anos, especialmente entre as novas xeracións, agravando unha tendencia histórica que pode conducilo á decadencia. En cumprimento dos seus deberes estatutarios, a Real Academia Galega, ante a alarma que estes datos provocaron en amplos sectores da nosa sociedade, decidiu facer pública a declaración institucional que poden visualizar e descargar desde a web da Real Academia Galega.