A Xunta revoga once másteres e as universidades suprimen doce

A Consellería de Educación revogou a autorización para impartir once másteres das tres universidades galegas por considerar que non cumpren os requisitos para seguir ofertándose, un deles por exemplo o de ter un mínimo de alumnos. Ademais, as propias universidades solicitaron a supresión doutros doce, tal e como recolle o Diario Oficial de Galicia na súa edición de onte.

Fonte: La Voz de Galicia