Achegarte 2011

Baía Edicións contou con stand propio onde expoñer todos os seus libros: infantil-xuvenil, natureza, teatro, narrativa, divulgación, arte e escrita, poesía etc. O sábado 2 de abril ás 12:00 h. realizouse a entrega de premios “Meiga Moira 2011”, onde a gañadora, Andrea Maceiras, recolleu o seu premio pola obra Violeta Tamurana, publicada na colección que leva por nome. O domingo 3 de abril ás 17:30 h. contouse cun contacontos sobre a colección Rodribico: Divírtete co paxaro Rodribico.[nggallery id=2]