As universidades aplauden as taxas conxeladas en Galicia e critican a reforma das becas de Wert

As tres universidades galegas recibiron con satisfacción o anuncio do presidente da Xunta de que as taxas universitarias non subirán o curso próximo. A medida, segundo confirmaron onte fontes da Consellería de Cultura e Educación, aplicarase tanto nas primeiras matrículas, que o ano pasado xa foran conxeladas, como nas segundas e sucesivas, que experimentaron un incremento a partir do 38% (no caso das segundas) e para as que se planificou un aumento progresivo ata o curso 2014-2015. O maior encarecimiento para o curso próximo estaba previsto para as cuartas e sucesivas matrículas, cun alza do 180% con respecto ao 2011-2012, e que finalmente manterase por segundo ano no 90 por cento.

Galicia manterase así como a comunidade coas taxas universitarias máis baixas, tras aplicar, e manter o curso que vén, a versión menos lesiva do decreto estatal aprobado en 2012, que determinou que as primeiras matrículas deben cubrir entre o 15% e o 25% do custo, ata chegar a unha cobertura do 90% ao 100% nas cuartas e sucesivas.

Fonte: El Correo Gallego