Artigos Baía Edicións

O proxecto Ferreñas e rock and roll foi seleccionado no II Concurso de ideas “Luisa Villalta” de proxectos culturais pola Igualdade

O proxecto Ferreñas e rock and roll presentado por Baía Edicións ao II Concurso de ideas “Luisa Villalta” de proxectos culturais pola Igualdade, convocado pola Deputación da Coruña, foi seleccionado entre os dez merecedores de apoio. O proxecto, autoría de Laura Romero e Iria Pedreira, ten como obxectivo a publicación dunha historia de mulleres avanzadas […]

Celebramos hoxe, 21 de marzo, o Día Mundial da Poesía

A poesía é unha manifestación da diversidade no diálogo, da libre circulación de ideas a través de palabras, creatividade e innovación. A poesía contribúe á diversidade creativa ao cuestionar constantemente o uso de palabras e cousas, e as nosas formas de percibir e interpretar a realidade. Grazas ás súas asociacións e metáforas e á súa […]

12 razóns laborais para seguirmos reivindicando o 8 de marzo un ano máis

As mulleres somos o grupo con máis traballo a tempo parcial, con moita diferenza sobre outros colectivos. Esa diferenza relaciónase coa necesidade de conciliación das actividades domésticas e de coidado. As grandes diferenzas de xénero entre traballo formal e xeral. As mulleres traballamos menos horas no ámbito formal que os homes, é dicir, remunerado, aínda […]

Baía Edicións convoca o II PREMIO FINA CASALDERREY de literatura infantil pola igualdade

Co motivo da celebración do 8 de marzo #8MEuparo, para promover a educación en igualdade e como homenaxe a todas as persoas que fixeron a aposta de escribir literatura infantil non sexista, Baía Edicións convoca o II PREMIO FINA CASALDERREY de literatura infantil pola igualdade. BASES DO CONCURSO Primeira Poderán concorrer ao premio autoras e […]

Celebramos hoxe o Día internacional da Lingua Materna

O Día Internacional da Lingua Materna foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999 e celébrase anualmente dende o 21 de febreiro de 2000 cos obxectivos de promover o plurilingüismo e a diversidade cultural. A Xunta de Galicia e a Rede de Dinamización Lingüística veñen sumándose nos últimos anos a esta celebración, […]

Ferreñas e rock and roll

O proxecto, de título provisional, Ferrañas e rock and roll de Laura Romero e Iria Pedreira concorre, da man de Baía Edicións, ao programa de subvencións destinado a entidades lucrativas para a produción de proxectos singulares de especial interese cultural na provincia da Coruña durante o ano 2019. Memoria do proxecto  

A AELG conmemora o Día de Rosalía de Castro

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro. Para o 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón desde 2010 á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, […]

Hoxe celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz

A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para lembrar o 30 de xaneiro. Neste día, os centros educativos comprométense como defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar. Nese día celébrase o aniversario […]

Celebramos hoxe o Día Internacional da Educación

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o Día Internacional da Educación, cada 24 de xaneiro, co obxectivo de concienciar sobre o papel que a educación desempeña na creación de sociedades sostibles e autosuficientes. A Educación aumenta a produtividade das persoas e o potencial de crecemento económico, desenvolve as competencias necesarias para o traballo e […]