Artigos Baía Edicións

Presentación de ‘ALMA. Un sopro de aire fresco’ no Numax

Xosé Lorenzo Tomé presenta o libro Alma. Un sopro de aire fresco  no Numax (R/ Concepción Arenal, 9 – Baixo) o vindeiro xoves día 1 de febreiro, ás 20:00 horas. No acto, Xosé Lorenzo Tomé estará acompañado polo tamén filósofo, ensaísta e profesor na Universidade da Coruña Alberto Sucasas, que se encargará de facer un […]

Celebramos en 2018 os 100 anos do nacemento de Althusser

O 16 de outubro de 2018 celebraranse os 100 anos do nacemento de Louis Althusser. Recordamos hoxe, o libro de Francisco Sampedro, LOUIS ALTHUSSER, da colección de Pensamento onde se fai unha análise exhaustiva da súa vida e obra. Louis Althusser nace o 16 de outubro de 1918 en Birmandreis, barrio de Alxer, no seo […]

Mañá celebramos o Día Escolar pola Paz e a Nonviolencia

Neste ano, no 2018, cúmprese o 70 Aniversario da morte violenta do Mahatma Gandhi (1948-2018), o mesmo ano no que as Nacións Unidas aprobaron a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, cun mundo aínda conmocionado polo horror da guerra e do holocausto. Precisamente -tamén é unha proposta das Nacións Unidas- todo este ano estará dedicado a […]

A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda organiza “Historias da Coruña. A memoria da cidade”

A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda organiza “Historias da Coruña. A memoria da cidade”, un ciclo de conferencias que inclúe ademais a celebración dun roteiro pola cidade: PROGRAMA: Sábado 27 de xaneiro ás 11:30 h:  Roteiro “As mulleres das Irmandades da Fala”, no que se lembrará a Micaela Chao Maciñeiras, Elvira Bao Maceiras, María Miramontes, Amparo López Jean… Guían […]

Falece o escritor Nicanor Parra

Nicanor Parra Sandoval naceu en 1914 en Chile. Foi un poeta, matemático e físico chileno cunha obra que tivo unha profunda influencia na literatura hispanoamericana. É considerado o creador da ‘antipoesía’, e para moitos críticos e autores connotados, o mellor ou un dos mellores poetas de Occidente. A súa obra foi traducida a numerosos idiomas, […]

Hoxe hai 99 anos morría asasinada Rosa Luxemburgo

O 15 de xaneiro de 1919 foi arrestada nun hotel de Berlín a teórica marxista Rosa Luxemburgo xunto co seu compañeiro socialista Karl Liebknecht.  Os soldados, por ordes dos dirixentes da socialdemocracia máis conservadora, obrigáronos a saír do Hotel Eden a empurróns e enfrontarse a unha multitude que lles insultaba. Rosa Luxemburgo era entón “a […]

Presentación de ‘ALMA. Un sopro de aire fresco’ na Sede Afundación da Coruña

Xosé Lorenzo Tomé presenta o libro Alma. Un sopro de aire fresco organizado polo Ateneo Republicano de Galicia na Sala de prensa Sede Afundación (Cantón grande 8), o próximo mércores, 20 de decembro ás 20:00 horas. A presentación contará coa participación de Alberto Sucasas (Doctor en Filosofía pola USC), Pedro Incio (Xunta directiva Arga) e […]

Belén López, directora de Baía Edicións, participa hoxe nas II Xornadas – ‘Desfacendo a raia’ de GÁLIX

Hoxe, 13 de decembro, celebra Gálix un novo acto propio. Nesta segunda edición das Xornadas Desfacendo a raia, queremos desfacer máis fronteiras aínda e engadimos esta xornada centrada na memoria das mulleres na LIX. As xornadas, organizadas por GÁLIX coa colaboración da OEPLI, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Universidade de Vigo, terán […]

Baía presenta este xoves ‘Mar…usía. Relatos salpresados’ en Lugo

Baía Edicións presenta o libro Mar…usía Relatos salpresados na Libraría Aguirre (Salvador de Madariaga, 1 – Lugo), este xoves, 14 de decembro ás 20:00 horas. A presentación contará coa participación de de Pablo Mosquera, “Bígaro” (Presidente de ‘Os aventados’), Bernardo Penabade (escritor), Belén López Vázquez (Directora Editorial de Baía Edicións) e co autor da obra, […]