Artigos Baía Edicións

Finalistas do XVII Frei Martín Sarmiento

Felices de comunicar que A banda de Raimunda, de Pablo Nogueira Campo e Manuel Uhía é unha das finalistas da 1ª categoría dos XVII Frei Martín Sarmiento. Tras convocarse a próxima edición do certame literario que cada vez suma máis lectores e lectoras entre o alumnado da rede de colexios de Escolas Católicas, estas son […]

Baía Edicións regala unha máscara cirúrxica con cada libro

A lectura como actividade individual non leva risco de contaxio; a compra de libros en librarías tampouco implica maior perigo que ir, por exemplo, polo pan, sempre que se manteñan as razoables medidas de protección xeral aconselladas pola administración sanitaria. Se ademais, ao facerse cun libro, este leva no seu interior unha máscara de protección […]

BAÍA EDICIÓNS CON VÓS NA CASA

En Baía Edicións estamos convencidas de que a única forma de frear a pandemia en Galicia neste momento pasa polo peche total e limitación de movementos. En consecuencia, non enviaremos libros, xa que pasan por moitas mans durante a viaxe. Sabemos que todas e todos temos moito que ler ou reler na casa, pero co […]

A AELG conmemora o Día de Rosalía de Castro

Do 23 de febreiro de 2020 ao 28 de febreiro de 2020 terán lugar actos relacionados coa conmemoración do Día de Rosalía. Co apoio do Centro Español de Derechos Reprográficos (CEDRO) A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro. Para o 24 de […]

Celebramos hoxe o Día internacional da Lingua Materna

O Día Internacional da Lingua Materna foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999 e celébrase anualmente dende o 21 de febreiro de 2000 cos obxectivos de promover o plurilingüismo e a diversidade cultural. A Xunta de Galicia e a Rede de Dinamización Lingüística veñen sumándose nos últimos anos a esta celebración, […]

Celebramos hoxe o Día Internacional da Educación

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o Día Internacional da Educación, cada 24 de xaneiro, co obxectivo de concienciar sobre o papel que a educación desempeña na creación de sociedades sostibles e autosuficientes. A Educación aumenta a produtividade das persoas e o potencial de crecemento económico, desenvolve as competencias necesarias para o traballo e […]