Artigos Baía Edicións

A AELG conmemora o Día de Rosalía de Castro

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro. Para o 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón desde 2010 á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, […]

Hoxe celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz

A educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz son motivos para lembrar o 30 de xaneiro. Neste día, os centros educativos comprométense como defensores da paz e entendemento entre persoas de distinta procedencia e modos de pensar. Nese día celébrase o aniversario […]

Celebramos hoxe o Día Internacional da Educación

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o Día Internacional da Educación, cada 24 de xaneiro, co obxectivo de concienciar sobre o papel que a educación desempeña na creación de sociedades sostibles e autosuficientes. A Educación aumenta a produtividade das persoas e o potencial de crecemento económico, desenvolve as competencias necesarias para o traballo e […]

Onte notificáronse os Premios Fervenzas Literarias

Ao longo da mañá de onte o portal Fervenzas Literarias fixo pública a selección que os seus lectores e lectoras votaron durante as últimas semanas como o mellor da literatura galega de 2018. María Reimóndez fíxose cun 5º posto no mellor libro traducido LIX do 2018: A colmea, Petra Bartíkova (textos) e Martin Sojdr (ilustracións). […]

Mercedes Queixas Zas, nova académica correspondente da RAG

Mercedes Queixas Zas (A Coruña, 1968) foi nomeada membro correspondente da Real Academia Galega no pleno ordinario da institución celebrado onte pola tarde na Coruña. Na xuntanza votouse a favor da incorporación da profesora e escritora, tendo en conta o seu labor a prol da difusión da cultura galega e compromiso coa defensa do idioma. […]

O libro ‘A Nosa Terra é nosa!’ de Emilio Ínsua reciben ‘ex aqueo’ o Premio de Investigación Ramón Baltar Feijóo

A obra A Nosa Terra é nosa sobre as Irmandades da Fala de Emilio Ínsua xunto coa Biografía de Rosalía de Castro escrita por María Xesús Lama recibiron ‘ex aqueo’ o Premio de Investigación Ramón Baltar Feijóo, iniciativa nada este ano co impulso da Fundación Rosalía de Castro. Así, o xurado do premio, composto por […]

Hoxe celebramos o DÍA DAS LIBRARÍAS

Hoxe, 16 de novembro celebramos o Día das Librerías 2018. O Día das Librerías é unha celebración anual na que os libreros buscan recordar aos lectores a importancia das librerías como espazos para descubrir e comprar libros. Organizada por CEGAL, a Confederación Española de Gremios e Asociacións de Libreros, a xornada trae aperturas máis amplas […]

Entrega do I Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade

Baía Edicións fixo entrega o venres 19 de outubro de 2018 do I Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade ás autoras gañadoras, Antía Yáñez por A reconquista e Sabela Losada Cortizas, por Vermella!. O acto foi presentado por Rocío Fraga, Concelleira de Igualdade e Diversidade do Concello da Coruña e contou coa participación […]