Artigos patricia

A miña Patria natural é Galiza

Alexandre Bóveda diante do tribunal que o condenaría a morte: “Ámoa fervorosamente como pode amar un fillo a súa nai. Endexamais a traizonaría aínda que se me concedesen séculos para vivir. Adóroa ata máis aló da miña morte. Se entende este tribunal que por este amor entrañable debe serme aplicada a pena de morte, recibireina […]

Festivais de música, artes escénicas e audiovisuais apoiados pola Deputación da Coruña

Cun orzamento que supera o medio millón de euros para os organizados polos concellos, a Deputación da Coruña sitúase á cabeza das institucións que apoian os festivais de música, artes escénicas e audiovisuais. Á cantidade, sumarase en breve a resolución para os organizados por entidades que ampliará a distancia con outros organismos do ámbito cultural. […]

O Día das Letras Galegas de 2018 estará dedicado a María Vitoria Moreno Márquez

O Día das Letras Galegas de 2018 estará dedicado á escritora e profesora María Vitoria Moreno Márquez (Valencia de Alcántara, Cáceres, 1941 – Pontevedra, 2005), segundo fixo publico este sábado a Real Academia Galega. Moreno convértese así na cuarta muller que protagonizará a gran festa cultural de Galicia entre os 54 seleccionados ata a data, […]

Parabéns ás Bibliotecas Municipais do Concello de Oleiros polo Premio Liber 2017

Liber 2017 (Feira Internacional do Libro en español) concedeu o Premio ao Fomento da Lectura en bibliotecas abertas ao público ao Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros (A Coruña). A Xunta Directiva da Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) quere recoñecer con este galardón, “a súa intensa dedicación chea de […]

Parabéns aos premiados e premiadas coas Medallas Castelao 2017

Xosé Ramón Gayoso, Justo Beramendi, Cristina Pato, o centro Oceanográfico de Vigo e o Grupo Nove de cociñeiros serán galardoados coa Medalla Castelao 2017. O Consello da Xunta aprobou onte o decreto polo que se concede esta distinción a aqueles galegos e galegas cuxa obra, en calquera faceta da actividade humana, se considera merecedora do […]

Baía únese á celebración do Día Mundial do Medio Ambiente

Se algo chama a atención da mensaxe deste ano é precisamente a sinxeleza e minimalismo co que Nacións Unidas nos anima a que este 5 de xuño dediquemos un intre “a estar na natureza”. Máis da metade da poboación do planeta vive en cidades na actualidade e estímase que no ano 2050 esta cifra alcanzará […]

O xogo con monicreques

Baía ven de publicar 4 títulos de libros con un divertido monicreque de dedo con forma de animal que favorecen a dramatización do conto: Divírtete con… Michi a gata, Tembo o elefante, Kera o orangután e Laica a cadela. Os monicreques funcionan como pontes expresivas que permiten a nenas e nenos mirar o seu mundo […]