Baía Edicións únese ás mostras de pesar pola tráxica desaparición de Paco Souto

Baía Edicións únese ás mostras de pesar pola tráxica desaparición do poeta e activista cultural Paco Souto e solidarízase coa súa familia á que achega todo o seu cariño e recoñecemento nestes tan tristes momentos.

Paco Souto, mariscador e concelleiro do BNG en Malpica, faleceu onte ao precipitarse á auga cando faenaba na zona da praia de Razo, no municipio de Carballo.