Cantigas de mulleres achega unha escolma de voces femininas

Guadi Galego, Marful, Sés, Rosa Cedrón e Cristina Pato, Doa, María Manuela, Mónica de Nut ou Malvela son algunhas das voces femininas que se atopan en Cantigas de mulleres. Uxía Senlle coordinou este proxecto que lanza Fol Música e que compila 17 temas cantados, e nalgúns casos compostos por músicas galegas. Con este disco reivindícase a importancia do papel da muller no noso panorama sonoro. “Somos moitas as mulleres na composición, non só as intérpretes. Non somos só voces transmisoras do que outros escriben….cada vez somos máis as mulleres autoras: creadoras de textos e melodías que nos expresan e reivindican; voces que atronan contra o silenciamento e entoan cántigas tecidas coas nosas emoción”, sinala Uxía na presentación do proxecto.

O disco está dispoñible desde onte en plataformas de venda dixitais e mais en formato físico. Cun libreto en galego, castelán e inglés, a compilación quere chegar a un público internacional.

Fonte: Culturagalega

Foto: LastFm