Celebramos este mércores 8 de marzo o Día internacional da muller

O Día Internacional da Muller Traballadora, tamén chamado Día Internacional da Muller, conmemora a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. Celébrase o día 8 de marzo.

Baía Edicións participa deste Día recordando moitos dos seus títulos onde, dun xeito ou outro, fai unha homenaxe á muller:

Recordamos tamén os actos programados para estes días na Coruña:

Nas Bibliotecas Municipais da Coruña, queren rendir homenaxe, como cada ano, a todas esas mulleres que loitaron polos dereitos doutras mulleres. Programan actividades e destacan distintos materiais como recoñecemento ás mulleres que loitaron contra os convencionalismos sociais que lles tocou vivir abrindo espazos que, ata ese momento, estaban prohibidos para as mulleres.

Na Biblioteca Monte Alto ofrececen #WomenDoBD, unha selección de materiais que afondan na figura da muller no cómic ao fío da polémica do Salón do Cómic de Angoulême: de 30 candidatos ao premio, ningunha era muller. Na Biblioteca Sagrada Familia centranse nas mulleres ilustradoras, cunha selección de materiais baixo o título “Mulleres que pintan moito“.

Mulleres e poesía é o tema elixido na Biblioteca Fórum Metropolitano. Se o que che interesa é o cine, achégate entón á Biblioteca Castrillón.

Os Museos Científicos Coruñeses ofrecerán este sábado unha sesión de charlas con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. En colaboración coa Universidade da Coruña, os museos organizan unha sesión de actividades que comezarán pola mañá no Centro Universitario de Riazor e estenderanse pola tarde, na Domus, onde terán lugar as charlas, de carácter gratuíto, informou o Concello nunha nota.

Máis información