Entrega do III Premio Meiga Moira ‘Os Globos de Andar’

Baía Edicións fai entrega do III Premio Meiga Moira 2008 ao libro Os Globos de Andar de Xavier López Rodríguez. Este acto tivo lugar no marco da feira Culturgal no edificio do PALEXCO na Coruña o día 4 de decembro, ás 11:30 horas, no que interviñeron, ademais, do autor, o catedrático de Literatura Galega da UDC, Carlos Paulo Martínez Pereiro como presidente do tribunal e Belén López Vázquez, directora editorial de Baía Edicións. O acto contou tamén coa realización dun contacontos do libro por parte de Fátima Fernández.