Entrevista a Héctor Cajaraville en ‘Palabra de Gatsby’

No blogue ‘Palabra de Gatsby’ realizouse unha magnífica entrevista a Héctor Cajaraville (Santiago de Compostela, 1974), quen estudou Xornalismo e desenvolveu a súa actividade profesional como responsable de prensa en diferentes entidades e institucións, como a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, a Universidade de Santiago de Compostela ou o Concello de Santiago, e tamén como redactor nos diarios La Voz de Galicia e De Luns a Venres.

En 2015 gañou o Premio Xerais coa súa primeira novela, De remate, e foi finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil con Quen dá a quenda? Nese mesmo ano a súa obra A caixiña dos rancores (Vidas cruzadas) recibiu o Premio Raíña Lupa de Novela Infantil e Xuvenil da Deputación da Coruña, e en 2016 gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo con Once portas.

É o autor da tradución ao galego da novela O gardián invisible, de Dolores Redondo, Premio Planeta 2016. Ademais, participou na redacción do Dicionario Xerais de Secundaria e Bacharelato (2014) e publicou varios traballos académicos sobre lexicografía do mundo do mar, recursos ludolingüísticos na prensa ou análise da linguaxe xornalística. Desde 2011 dedícase á corrección de orixinais para diferentes selos editoriais galegos.

No 2016, gaña o PREMIO MEIGA MOIRA coa súa obra Denébola a Roxa, da que fala nesta entrevista que recomendamos… Aquí temos o ENLACE