II Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe

Miguelanxo Prado presentaba onte en Compostela o II Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe que dirixe. Compostela Ilustrada celebrarase na capital galega entre o 9 e o 12 de novembro vindeiros a integrar no seu programa obradoiros, exposicións, presentacións e clases maxistrais. Entre os convidados destacan autores de renome internacional como Munehiro Ikeda, que protagoniza unha exposición sobre o caderno de 400 páxinas que realizou durante a súa peregrinación a Santiago nos anos 80. O recente Premio Nacional de Ilustración, Alfredo será outro autor homenaxeado cunha exposición monográfica. Xunto a eles Jorge Arranz, Fernanda Lamelas, Isabell Seidell, Joaquín González Dorao ou Mr. Zê son algúns dos autores que participarán neste encontro.

Fonte: Culturagalega