Parabéns aos premiados e premiadas coas Medallas Castelao 2017

Xosé Ramón Gayoso, Justo Beramendi, Cristina Pato, o centro Oceanográfico de Vigo e o Grupo Nove de cociñeiros serán galardoados coa Medalla Castelao 2017. O Consello da Xunta aprobou onte o decreto polo que se concede esta distinción a aqueles galegos e galegas cuxa obra, en calquera faceta da actividade humana, se considera merecedora do recoñecemento de toda Galicia. Estas distincións serán entregadas, como cada ano, o vindeiro 28 de xuño.
Del presentador Xosé Ramón Gayoso, el jefe del Ejecutivo ha destacado que se trata de «historia viva de la TVG»; mientras que a Beramendi lo ha erigido en «uno de los más destacados historiadores de Galicia».

Beramendi foi ata a súa xubilación no ano 2012 catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela, da que tamén foi vicerreitor (1990-1994). Consagrou a súa vida académica ao estudo das ideoloxías e o nacionalismo. Actualmente preside a xunta rectora do Museo do Pobo Galego do que foi cofundador. Ademais, é membro fundador da Fundación Castelao e director da sección de pensamento político da Fundación Vicente Risco. A músico ourensá Cristina Pato foi a primeira muller gaiteira en publicar, con tan só 18 anos, un álbum en solitario, Tolemia. Posteriormente publicou outros 6 discos como gaiteira solista e dous máis como pianista. O presentador de televisión Xosé Ramón Gayoso forma parte da historia viva da Televisión de Galicia, cadea na que comezou a traballar desde o mesmo día da súa inauguración, en 1985 e na que desde entón, presentou varios programas sendo unha das persoas máis coñecidas e queridas en toda Galicia como rostro da nosa televisión da man do programa Luar.

Na banda dos recoñecementos colectivos ou institucionais o Centro Oceanográfico de Vigo é o máis grande dos nove centros do Instituto Español de Oceanografía cun equipo de 119 persoas e forma parte do Campus de Excelencia Internacional Campus do Mar. O Grupo Nove é un colectivo de cociñeiros que leva desde 2003 reivindicando a modernidade e a vixencia da nova cociña galega, sen renunciar ás orixes da vangarda gastronómica e combinando o mellor da tradición e a innovación. O grupo, inicialmente composto por nove cociñeiros, foi medrando ata acadar os 24 membros e 18 restaurantes que actualmente o compoñen. Todos eles suman oito estrelas Michelin e 18 soles Repsol.

Fonte: Culturagalega