Roi Fernández e Alberto Vázquez, triunfadores do Festival de Cans 2013

A organización nesta edición rendíu homenaxe a Manuel Manquiña. O veterano actor recolleu o seu “Can de pedra” correspondente ao “Premio de Honra Pedigree´13”.

Os dous galardóns con máis dotación económica, 1.500 euros, son para “Calquera infinito posible”, dirixida por Roi Fernández e para “Sangre de unicornio”, dirixida por Alberto Vázquez. Fixéronse respectivamente co premio do xurado á mellor curtametraxe de ficción e co premio do xurado á mellor curtametraxe de animación.

O resto do palmarés é o seguinte:

  • Premio do xurado dos veciños de Cans á mellor curtametraxe de ficción, dotado co Can de Pedra: Flores para Amalia, dirixida por Nani Matos.
  • Premio do público á mellor curtametraxe de ficción, dotado co Can de Pedra e 1.000 euros: Flores para Amalia, dirixida por Nani Matos.
  • Premio do público á mellor curtametraxe de animación, dotado co Can de Pedra e 1.000 euros: Only you, dirixida por Belén Sousa.
  • Premio do xurado á mellor interpretación masculina, dotado co Can de Pedra e 200 euros: Carlos Blanco, por Mal de sangre.
  • Premio do xurado á mellor interpretación feminina, dotado co Can de Pedra e 200 euros: Helena Miquel, por Mal de sangre.
  • Premio do xurado ao mellor guión, dotado co Can de Pedra e 200 euros: Robin & Robin, escrito por María Pérez e Hugo Amoedo.
  • Premio do xurado á mellor banda sonora, dotado co Can de Pedra: Calquera infinito posible, con música de Roi Fernández.
  • Premio do xurado ao mellor videoclip, dotado co Can de Pedra e 300 euros: “Mundo en trance”, de Lemuripop, realizado por Soledado Rebollo.
  • Premio do público ao mellor videoclip, dotado co Can de Pedra e 300 euros: “Terra”, de Dakidarría, realizado por Julián Maguna.

Fonte: Galicia Confidencial