Entradas

Entrega do IV Premio Meiga Moira ‘Violeta tamurana’

Baía Edicións entrega o IV Premio Meiga Moira 2010 Achegarte da Coruña. O acto de presentación tivo lugar, no marco de ACHEGARTE, na Coruña o sábado día 2 de abril de 2011, ás 12:00 horas, nas instalacións de Palexco (Peirao de Transatlánticos, s/n), da obra da autoría da escritora coruñesa Andrea Maceiras Lafuente, titulada Violeta tamurana, e ilustrada polo boirense Rodrigo Chao Blanco. No acto, ademais da autora, participou a escritora Marica Campo, integrante do Tribunal que resolveu o IV Premio Meiga Moira de Literatura Infantil 2010, e Belén López Vázquez, directora de Baía Edicións, que se encargaron de facer un achegamento crítico a esta obra.

Achegarte 2011

Baía Edicións contou con stand propio onde expoñer todos os seus libros: infantil-xuvenil, natureza, teatro, narrativa, divulgación, arte e escrita, poesía etc. O sábado 2 de abril ás 12:00 h. realizouse a entrega de premios “Meiga Moira 2011”, onde a gañadora, Andrea Maceiras, recolleu o seu premio pola obra Violeta Tamurana, publicada na colección que leva por nome. O domingo 3 de abril ás 17:30 h. contouse cun contacontos sobre a colección Rodribico: Divírtete co paxaro Rodribico. Read more