Artigos

MeteoPlayas achega información meteorolóxica das praias galegas a móbiles Android

Nas últimas semanas a Compostelá Selma Cabo Scharpf publicou en Google Play a aplicación para dispositivos Android chamada MeteoPlayas, que axuda a decidir se temos un bo día para ir á praia, xa que permite consultar o estado xeral do ceo, a temperatura do aire, a velocidade do vento, as precipitacións, a temperatura do mar e a altura das ondas dos máis de 800 areais galegos, que poden localizarse a través dunha listaxe ou sobre o mapa, permitindo tamén crear unha listaxe de praias favoritas para axilizar a súa consulta.

Para esta información MeteoPlayas apóiase nos modelos numéricos desenvolvidos por MeteoGalicia (achegados a través da API de MeteoSIX) e na listaxe de praias elaborada por Intecmar.

Fonte: Codigocero