Artigos

Feira de Boloña 2010

Baía Edicións participou na FEIRA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE BOLOÑA 2010, o evento profesional destas características máis importante do mundo. Read more

Entrega do IV Premio Meiga Moira ‘Violeta tamurana’

Baía Edicións entrega o IV Premio Meiga Moira 2010 Achegarte da Coruña. O acto de presentación tivo lugar, no marco de ACHEGARTE, na Coruña o sábado día 2 de abril de 2011, ás 12:00 horas, nas instalacións de Palexco (Peirao de Transatlánticos, s/n), da obra da autoría da escritora coruñesa Andrea Maceiras Lafuente, titulada Violeta tamurana, e ilustrada polo boirense Rodrigo Chao Blanco. No acto, ademais da autora, participou a escritora Marica Campo, integrante do Tribunal que resolveu o IV Premio Meiga Moira de Literatura Infantil 2010, e Belén López Vázquez, directora de Baía Edicións, que se encargaron de facer un achegamento crítico a esta obra.

Entrega do III Premio Meiga Moira ‘Os Globos de Andar’

Baía Edicións fai entrega do III Premio Meiga Moira 2008 ao libro Os Globos de Andar de Xavier López Rodríguez. Este acto tivo lugar no marco da feira Culturgal no edificio do PALEXCO na Coruña o día 4 de decembro, ás 11:30 horas, no que interviñeron, ademais, do autor, o catedrático de Literatura Galega da UDC, Carlos Paulo Martínez Pereiro como presidente do tribunal e Belén López Vázquez, directora editorial de Baía Edicións. O acto contou tamén coa realización dun contacontos do libro por parte de Fátima Fernández. Read more

Presentación na Coruña de ‘Deter o día cunha flor’

Baía Edicións presentou o libro Deter o día cunha flor, de Luz Pozo Garza e José Valentín. O acto tivo lugar na Coruña o mércores día 22 de abri de 2009l, ás 20.00 horas, na Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande 21-24), no que interviñeron, ademais dos autores, Xulio López Valcárcel, Ánxeles Penas, Olga Patiño e Belén López Vázquez. Read more

Presentación na Estrada de ‘Cociña Caseira Galega’

Baía Edicións presentou na Estrada o libro Cociña caseira galega, de Nieves Feros. O acto tivo lugar o venres día 28 de novembro, ás 21.00 horas de 2008, no Teatro Principal, no que interviñeron, ademais da autora, José Antonio Dono López (Alcalde da Estrada), Manuel Sanmartín Obelleiro (Concelleiro de Cultura), Valentín García Gómez (Coordinador de Política Lingüística) e Belén López Vázquez (directora editorial de Baía Edicións). Ao finalizar o acto, tivo lugar unha degustación de receitas no restaurante “La bombilla”. Read more

Presentación na Coruña de ‘Ao pé do xigante’ e ‘Breve historia da Coruña’

Presentación dos libros A Coruña. Ao pé do xigante e Breve historia da Coruña na Feira do libro da Coruña o domingo 3 de agosto ás 19:30 de 2008. Neste acto interviñeron Gwendolyn Luo (autora de A Coruña. Ao pé do xigante), Félix Longueira (autor de Breve historia da Coruña), o fotógrafo Manuel Graña, Xurxo Souto e Belén López Vázquez (directora editorial de Baía Edicións). Read more

Alfombriña

Contacontos realizado na biblioteca pública da Sagrada Familia do libro de Infantil-Xuvenil Alfombriña da colección Contos da igualdade no ano 2008.

Read more

Achegarte 2011

Baía Edicións contou con stand propio onde expoñer todos os seus libros: infantil-xuvenil, natureza, teatro, narrativa, divulgación, arte e escrita, poesía etc. O sábado 2 de abril ás 12:00 h. realizouse a entrega de premios “Meiga Moira 2011”, onde a gañadora, Andrea Maceiras, recolleu o seu premio pola obra Violeta Tamurana, publicada na colección que leva por nome. O domingo 3 de abril ás 17:30 h. contouse cun contacontos sobre a colección Rodribico: Divírtete co paxaro Rodribico. Read more

Presentación en Santiago de Compostela de ‘A Arca de Noé’

Presentación do libro Arca de Noé na librería Sargadelos en Santiago de Compostela (2006). Libro multidisciplinar no que teñen cabida outros moitos aspectos, non exclusivamente biolóxicos, que van desde narracións históricas sobre navegación, Erastótenes e a esfericidade da Terra, as investigacións de Alfred Wegener sobre a tectónica de placas e a súa influencia no noso planeta até Thor Heyerdal e a expedición da Kon-tiki, a conquista do planeta azul polos humanos, a caza das baleas etc. Read more

Quen é Rodribico

Rodribico é unha pega marza á que lle encanta estar forte e vivir todo tipo de aventuras. Rodribico habita nunha inmensa árbore, con grandes pólas, e no seu niño ten todas as comodidades que unha ave pode desexar.

Ademais de voar, xogar, e divertirse, o que máis feliz o fai é compartilo todo cos seus amigos e amigas.

Queres coñecelo? Se é así visita a súa páxina web RODRIBICO. Nela poderás atopar toda a información sobre este paxaro tan simpático! Contarás con MATERIAL DIDÁCTICO con actividades divertidísimas para realizar na propia web e con MATERIAL DESCARGABLE para que todas as nenas e nenos poidades pintar, debuxar, colorear, contar, facer careta, encrucillados…. DIVÍRTETE CON RODRIBICO!