Entradas

Ofrenda floral perante a tumba de Eduardo Pondal

Hoxe, 7 de marzo ás 17 horas, no Cemiterio de San San Amaro, na Coruña, terá lugar o acto de recordación do centenario da morte de Eduardo Pondal, perante a súa tumba.

Organizan. A. C. Medulio, de Ferrol, AC  Alexandre Bóveda e AC O Facho, da Coruña, Fundación Pondal, Concello de Carballo, A Mesa pola Normalización Lingüística e Asociación Socio-Pedagóxica Galega. Farase unha oferenda floral, intervencións varias e canto do Himno.

Cincuenta carteis para cincuenta anos

A comisión que promoveu a inciativa diante da porta da Real Academia Galega. No proxecto participaron once entidades e asociacións reunidas arredor da causa comunal da defensa e dignificación da nosa lingua e cultura propias que nomeamos a continuación: Real Academia Galega, Asociación Galega de Deseñadores, Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega, Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia, Torras Papel/Norte Papel, Asociación Galega de Editores, Federación de Libreiros de Galicia, Asociación Profesional de Bibliotecarios Municipais de Galicia, ANABAD – Galicia, Faro de Vigo e a Xunta de Galicia.

Baía Edicións pretende rememorar as cincuenta edicións do Día das Letras incorporando cada día unha nova con catro carteis dos homenaxeados. Desta volta tedes á vosa disposición os arquivos PDF de: Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añón e Curros Enríquez.

Cartaz en homenaxe a Castelao (1964). Texto: Marta Dacosta. Deseño: Javier P. López.

Cartaz en homenaxe a Eduardo Pondal (1965). Texto: Manuel Forcadela. Deseño: M. Agra Bermejo.

Cartaz en homenaxe a Francisco Anón (1966). Texto: Gonzalo Navaza. Deseño: Segundo Fdez.

Cartaz en homenaxe a Curros Enríquez (1967). Texto: Luis G. Tosar. Deseño: Raquel Boo.