Entradas

As grandes empresas de internet apenas tributan nos países onde se insiren

As grandes transnacionais de internet apenas tributan nos países onde se insiren e buscan sempre aqueles onde a tributación é moito menor.

Google, Apple, Yahoo, Amazon, Facebook, Microsoft, e Bay, etc, veñen realizando unha serie de operacións fiscais que lles permiten tributar o mínimo polos seus negocios, trasladando o máis relevante das súas facturacións a outros países onde se tributa menos, como sería o caso de Luxemburgo ou Irlanda. Segundo o portal Lecturalab, citando fontes de El País, os xigantes gañan por goelada. Google leva os seus beneficios ás Illas Bermudas e refactura os seus custos cunha marxe de entre un oito e un dez por cento en Google Ireland e Google Inc, en concepto de servizos de marketing, investigación e desenvolvemento. Segundo o mesmo xornal, a empresa declarou pérdidas en España no ano 2012, o que tamén fixo Apple.

Amazon vén de mercar Buyvip, transformándoa nunha empresa de servizos chamada Amazon Spain Services. Non declara beneficios, declara pérdidas por non poder deducir boa parte dos gastos. Yahoo factura o 85% da súa publicidade dende Luxemburgo e o resto dende Irlanda.

Fonte: AGE

Máis de cen voluntarios traducen gratis redes sociais e entornos web ao galego

Nin o sistema de mensaxería WhatsApp, nin as redes sociais de YouTube, Facebook ou Twitter nin tampouco o sistema web Gnome para Linux foron ofertados en galego na súa primeira saída ao mercado. Na actualidade, con todo, algúns deles xa poden usarse no idioma de Castelao mentres que, para outros, hai proxectos en marcha de tradución do inglés á lingua galaica. Calcúlase que polo menos máis dun centenar de galegos sumáronse a varios proxectos para traducir gratis estes programas, contornas web e redes. Os voluntarios non cobran por este traballo. Móvenlles a facelo de forma altruísta o seu interese pola tecnoloxía así como o seu desexo de normalizar lingüisticamente o seu idioma no campo das novas tecnoloxías e de equiparalo ao resto de linguas.

“Traducir é algo moi persoal e non é gratificante; gratificante é cando accedes ó ordenador e ou tes en galego. Ou importante é traballar día a día. A min, non me supón nada traducir durante cinco minutos ó día. Eu xa o fago de xeito sistemático”, explica Fran Diéguez (Caldas de Reis, 1985), coordinador en Galicia do proxecto Gnome, nome dun escritorio modular para o sistema operativo Linux, de software libre, que utilizan uns 25.000 computadores en Galicia, entre eles, os da Xunta.

Diéguez leva seis anos traducindo software libre. “A raíz diso empecei a traducir o Gnome, coa iniciativa Mancomún do Goberno autonómico e coa sección Trasno. Nos últimos meses, as redes sociais permitiron traducir outras linguas non maioritarias e botei unha man traducindo ó galego Whatsapp, Facebook e Twitter”, explica este novo enxeñeiro informático.

Este experto tamén traballa na tradución do sistema operativo Ubuntu onde a tradución en galego (con colaboración gratuíta) ocupa o posto 14 en volume de tradución dun ranking internacional de 300 linguas, por diante de Catalán (lugar 23), Portugués (26) ou Sueco (31).

“En Cataluña, hai agora mesmo unha asociación apoiada polo Goberno catalán (www.softcatala.org) onde se xuntan todas as persoas que traducen o software a ese idioma. O Goberno dálles diñeiro. Esa é unha vantaxe que en Galicia non temos. Eles teñen uns 100 tradutores; nós 20, pero o noso índice de produtividade é máis alto a pesar de facelo gratis”.

“A xente apúntase pero ao final non traduce”

En maio do pasado ano, internautas galegos remitiron a Twitter unha petición para que abrise a posibilidade de traducilo ao galego. En setembro deste ano, Twitter anunciaba a posibilidade de acceder a unha contorna no que calquera que quisera podería ir traducindo frases, palabras ou comandos do inglés á lingua de Rosalía. Primeiro, éntrase no Centro de Tradución http://translate.twitter.com creando unha conta, aceptando o acordo e elixindo “galego”. Despois, cada usuario elixe as frases que desexa traducir e ofrece unha proposta que o resto de usuarios vota. A máis aceptada será a seleccionada como válida e incorporada ao glosario.

Na actualidade, máis dun centenar de galegos colaboran nesta iniciativa capitaneada por Carlos García, estudante de 19 anos de idade de Ciencias Políticas na Universidade de Santiago de Compostela, quen recorda que os cataláns xa teñen todo o Twitter traducido mentres o proxecto en galego avanza moito máis amodo. “A xente apúntase pero ó final non traduce porque lles custa traducir os termos do inglés ou por outras razóns”, critica este usuario que “tamén traduce o WhatsApp en translate.whatsapp.com” anima a comprometerse máis coa causa.

Fonte: La Opinión

Foto: Carlos García, traductor de Twitter al gallego, en Santiago. / Xoán Álvarez