Artigos

Presentación de ‘Gaiola aberta’ na Feira do Libro da Coruña

O xoves 2 de agosto ás 19:00 tivo lugar a presentación do libro Gaiola aberta na Feira do Libro da Coruña. Na presentación contamos coa participación de Belén López Vázquez (Directora de Baía Edicións), o editor Armando Requeixo e de Xoán Neira, autor do libro.

Contido do libro:

Obra dirixida a nenas e nenos que achega unha selección dos poemas editados por Xoán Neira ao longo dos últimos vinte anos e coa que o autor quere facer unha sentida homenaxe a Manuel María no cincuentenario da publicación da primeira edición do seu celebérrimo Os soños na gaiola.

Como nos anuncia Armando Requeixo, autor da edición e do limiar, nesta  Gaiola aberta de Xoán Neira atoparás grilos grileiros, toupas ceguiñas, tartarugas de pel dura e donicelas bulideiras. Tamén osos chorosos, lobos solitarios, raposos pillabáns e ata cervos de luz. Moitas raiolas na chuvia, avós paseadores, lúas crecentes e papaventos voadores. E un carrusel que xira e xira, un tren que vai e vén, un pirata boa pata e un máxico xardín.

Queres coñecer a fonte de auga lizgaira, o sol da grandísima flor e a rosa de lume? Desexas saber todos os misterios do espantallo elegante, o paporroibo piador, o piñeiro de alta copa e o morcego voador? Pois non o penses máis: dálle a volta ao libro e comeza a soñar.

Autor: Xoán Neira

Editor: Armando Requeixo

Ilustración da capa: Ana Pedreira

Fadita fosca! marcha a Cee, deixo momentos vividos na Coruña

Martes 6 agosto, entre as 6 e 7 da tarde, algunhas imaxes e reflexións.

Miguel Vázquez Freire e Xosé Tomás facendo o tempo antes do comezo da feira e da presentación, estaban moi relaxados e parecía que con poucas ganas de nada.

Mais non foi así e Miguel falou da importancia da relación interxeracional na familia, concretamente entre av@s e net@s e o papel de transmisores de historias, hoxe case perdido, pero de grande importancia no futuro lector. Tamén saiu a conto a “triloxía” de Miguel Vázquez Freire: María é maior, Xurxiño quere ser e Fadita fosca, pequenos relatos do cotiá sempre protagonizados polos nenos e con moita presenza dos avós, mesmo protagonismo. Mentres, Xosé Tomás facía a caricatira do “avoíño”; QUE GUAPO QUEDOU!.

O debate e a presentación posterior deron lugar á nova do día 7, que recomendamos “A importancia da tradición oral nos hábitos lectores”

A continuación, Xosé Tomás empeñouse en facernos traballar e “obligounos” a pensar unha microhistoria cos tres protagonistas da Triloxía para debuxala… pero fixo o que lle deu a gana !!!XD

Finalmente, autor e ilustrador, ilustrador e autor, non sei… asinaron exemplares dos seus libros. Aquí, para as Bibliotecas Municipais da Coruña.

E mañá en Cee, VÉMONOS ALÍ!!!

 

Rematada a Feira do Libro da Coruña, marchamos coa mosca á de Cee

Fadita ceeToda vez que rematou a Feira do Libro da Coruña, Baía Edicións trasládase á de Cee.

Despois das presentacións da Feira do Libro da Coruña, mañá martes 13, Miguel Vázquez Freire, Xosé Tomás e Belén López levamos a Fadita Fosca! á Feira do Libro de Cee, onde o autor falará na súa terra da mosca. Ás 20:00 horas.

Deixamos aquí un momento da presentación na Coruña, cos autores asinando libros

O salón Viñetas augura «unha longa vida para o cómic galego»

«¿E cando se pode entrar?». Isto preguntaba ás sete e media da tarde de onte un dos nenos que facían cola ante o Quiosco Alfonso da Coruña. Acababa de ver entrar a Miguelanxo Prado, director de Viñetas desde ou Atlántico, varios debuxantes, o alcalde da cidade, Carlos Negreira, e un grupo de edís. Era a inauguración da décimo quinta edición dun salón que, segundo Prado, fusionou as «grandes figuras e os talentos locais» e, por todo iso, augura «unha longa vida para o cómic galego».

Este ano están invitados clásicos do cómic europeo como o catalán Rubén Pellejero e o serbio Guéra, ademais do Premio Nacional de Cómic polas serpes cegas, Bartolomeu Seguín; Homs, que traballa na adaptación a viñetas da triloxía Millenium, de Steig Larsson «e da que poderá verse un adianto»; o coruñés de adopción José Domingo, recente premio do Salón do Cómic de Barcelona coas súas Aventuras dun oficinista xaponés e o aclamado Frank Quitely, responsable do rexuvenecemento do home de aceiro co seu laureado All Star Superman. É un cadro de persoal de luxo a pesar das restricións: «Si que se nota a crise dentro, pero non vai repercutir no público», explicou en Radio Voz, Miguelanxo Prado. Para manter o nivel, recortou onde se podía prescindir: «Renunciamos a algúns aspectos que de cara aos autores eran acenos de identidade de Viñetas, cousas que nos diferenciaban doutros festivais, para poder manter intacto o cartel», di o debuxante en referencia á visita que cada ano realizaban cos autores invitados a Santiago ou á ausencia dunha nova figura de fibra de vidro baseada nun personaxe de cómic.

Manel Cranio destacou as actividades paralelas, como «48 obradoiros de cómic aos que asisten máis de douscentos nenos» e o alcalde Carlos Negreira reiterou o apoio municipal ao salón, «que está aberto a toda a cidade, queremos que toda a xente participe e ser unha cidade de referencia».

Fonte: La Voz de Galicia

Baía Edicións presenta na Feira da Coruña ‘Os cogomelos na cociña’

Baía Edicións presenta na Feira do libro da Coruña Os cogomelos na cociña e outras cousas, de Xosé Manuel Fernández Costas, Pedro Roca e outros, que terá lugar na Carpa da Feira do Libro (Xardíns de Méndez Núñez) o luns día 6 de agosto, ás 19:00 horas, no que intervirán os autores Xosé Manuel Fernández Costas (coordinador), Paco Bernabeu e Pedro Roca e Belén López Vázquez (Directora Editorial de Baía Edicións).