Artigos

Baía Edicións viaxa a Liber

A Feira Internacional do Libro, que nesta edición se celebra en Barcelona, terá lugar entre os días 3 e 5 de outubro. LIBER é unha feira con carácter profesional que promove a Federación de Gremios de Editores de España e que se organiza alternando  a sede anualmente, nunha convocatoria en Madrid e noutra en Barcelona. Este ano LIBER regresa a Barcelona, organizada pola FIRA, para celebrar o seu 36 aniversario e con Cuba como país convidado. Esta convocatoria suporá o maior encontro internacional do libro en español, con capacidade de ofrecer oportunidades de negocio ás principais empresas editoriais.

A cita, consolidada como primeira mostra dedicada ao libro en lingua española en Europa e como principal centro de negocio e intercambio profesional, está aberta a todos os sectores do libro, con especial atención aos contidos dixitais, ás novas editoras, á autoedición e á propiedade intelectual.

LIBER 2018 visualiza a innovación, a produción e a internacionalización da industria do libro. A dixitalización, a relación co mundo audiovisual, a autoedición e a mellora das vendas serán os principais retos da edición deste ano.

O sector editorial galego contará con stand coexpositivo, entre  a AGE e a Consellaría de Cultura e Turismo, da Xunta de Galicia, para amosar as súas novidades, manter acordos e intercambios comerciais. Ademais, as editoras asociadas Kalandraka Editora e Edicións do Cumio-Arnoia Distribuidora, contarán con espazo propio.

As editoras asociadas á AGE, Alvarellos Editora, Hércules de Ediciones, Edicións Laiovento, Kalandraka Editora, Baía Edicións, Edicións Xerais de Galicia, Edicións do Cumio e a Editorial Galaxia desprazaranse á feira entre os días 3 e 5 de outubro e ademais dotarán de novidades o stand galego na feira xunto con Nova Galicia Edicións, Oqueleo (Edicións Obradoiro) e Edicións Embora.

Fonte: AGE

Presentación de ‘Gaiola aberta’ na Feira do Libro da Coruña

O xoves 2 de agosto ás 19:00 tivo lugar a presentación do libro Gaiola aberta na Feira do Libro da Coruña. Na presentación contamos coa participación de Belén López Vázquez (Directora de Baía Edicións), o editor Armando Requeixo e de Xoán Neira, autor do libro.

Contido do libro:

Obra dirixida a nenas e nenos que achega unha selección dos poemas editados por Xoán Neira ao longo dos últimos vinte anos e coa que o autor quere facer unha sentida homenaxe a Manuel María no cincuentenario da publicación da primeira edición do seu celebérrimo Os soños na gaiola.

Como nos anuncia Armando Requeixo, autor da edición e do limiar, nesta  Gaiola aberta de Xoán Neira atoparás grilos grileiros, toupas ceguiñas, tartarugas de pel dura e donicelas bulideiras. Tamén osos chorosos, lobos solitarios, raposos pillabáns e ata cervos de luz. Moitas raiolas na chuvia, avós paseadores, lúas crecentes e papaventos voadores. E un carrusel que xira e xira, un tren que vai e vén, un pirata boa pata e un máxico xardín.

Queres coñecer a fonte de auga lizgaira, o sol da grandísima flor e a rosa de lume? Desexas saber todos os misterios do espantallo elegante, o paporroibo piador, o piñeiro de alta copa e o morcego voador? Pois non o penses máis: dálle a volta ao libro e comeza a soñar.

Autor: Xoán Neira

Editor: Armando Requeixo

Ilustración da capa: Ana Pedreira

Programa de BAÍA EDICIÓNS na FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA

Baía Edicións organiza, con motivo da celebración da Feira do Libro da Coruña 2018, os seguintes actos:

2 de agosto (martes):
18:00 h. Presentación do libro Nube Branca quere ser astronauta, de Pablo Nogueira, ilustrado por Manuel Uhía.
19:00 h. Presentación da escolma de poemas Gaiola aberta, de Xoán Neira (Edición de Armando Requeixo).
19:45 h. Presentación do poemario Cantar de corpos, de Correa Corredoira.

8 de agosto (mércores):
19:00 h. Presentación do álbum ilustrado O gatipedro, de Jacobo Paz Limia, con deseños de Xosé Tomás.
19:45 h. Presentación do ensaio Tres mulleres galegas de armas tomar. María Balteira, María Castaña, María Soliña, de Guillermina Domínguez Touriño e Felicia Estévez Salazar.

Ven coñecer as nosas autoras e autores!

Santiago acollerá do 18 ao 26 de outubro un segundo Outlet do Libro Galego

A Asociación Galega de Editores organiza, en colaboración cos Concellos de Pontevedra, Santiago, A Coruña e Vigo, os outlets do libro de 2014 con oitocentos títulos de quince editoriais distintas. Esta actividade, que pretende achegar os libros aos lectores a «prezos de crises», foi presentada hoxe en Santiago pola concelleira de Cultura, María Antón, o subdirector da Asociación Galega de Editores, Xosé Aldea, e o xestor da iniciativa en Compostela, Antón Pedreira, da Librería Pedreira.

A segunda edición desta feira é unha oportunidade comercial para atopar moitos títulos do catálogo das editoriais que se atopa fóra dos circuítos comerciais convencionais.

Así, o obxectivo é abrir «unha nova canle de comercialización» que poña en contacto estas obras de contido variado co público, establecendo un encontro de libreiros e editores con «sinerxías positivas».

O outlet celebrarase no Centro Cultural Afundación, na rúa do Vilar, do 18 ao 26 de outubro en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.30.

As editoriais que participan son 2.0 Editora, Alvarellos Editora, Editorial Andavira, Auiga Editora, Baía Edicións, Dos Acordes, Editorial Galaxia, Editorial Ideas Propias, Ir Indo Edicións, Editorial Linteo, Nova Galicia Edicións, Ouvirmos, Edicións Sotelo Blanco, Editorial Toxosoutos e Edicións Xerais.

Este ano tamén colabora Verial Galicia, empresa tecnolóxica do ámbito da xestión libreira que cede o programa informático.

Fonte: La Voz de Galicia

Baía participará na Feira Internacional do Libro de Fránkfurt

Do 7 ao 12 de outubro o sector galego estará representado na Feira do Libro de Fránkfurt por profesionais de Nova Galicia Edicións, Kalandraka Editora, Ouvirmos, Baía Edicións, Hércules de Ediciones, KNS Ediciones, Arnoia Distribucións e Asociación Galega de Editores. A Cámara de Comercio de Santiago colabora na organización da visita cunha importante  axuda á presenza individual dos editores e dos seus stands. A institución cameral despraza a Fránkfurt a unha das súas profesionais. A AGE ten previstas diversas reunións e entrevistas con axentes editores do sector internacional.

O stand colectivo da Xunta de Galicia contará cunha mostra de libros dos editores que traballan na feira. Segundo unha nota publicada na web da Xunta de Galicia viaxa a Fránkfurt o Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. Tamén estará na feira convidado pola institución autonómica, o ilustrador Xosé Tomás, que ten previsto ofrecer dous obradoiros de ilustración.

Finlandia é o país convidado do ano 2014.

A primeira Feira do Libro de Fránkfurt data do ano 1480

A Feira Internacional do Libro de Fránkfurt continua sendo unha cita obrigada para os editores de todo o mundo. Desde o século XV e co desenvolvemento da moeda e dos negocios relacionados con ela foron sentándose as bases  do mercado, os bancos, etcétera. A cidade alemana veu sendo protagonista dos cambios e transformacións do sistema económico dese tempo no que as feiras de todo tipo de mercadorías eran a oportunidade para o intercambio de bens. Coa imprenta de Gutenberg no ano 1445, os libros comezaron a ser obxectos demandados e ese negocio de material impreso transforma a cidade no  primeiro centro de impresión de libros de Alemania, a finais dese século. No ano 1480  ten lugar a primeira feira de libros desa cidade. Logo de moitas décadas de interferencias e conflitos sociais e políticos, no século XX, concretamente no ano 1907 restablécese a tradición das feiras de Fránkfurt.

Fonte: AGE

Baía estará presente na Feira do Libro de Guadalajara

A Feira Internacional do Libro de Guadalajara, en México, abriu as súas portas para que adultos e nenos coñezan as novidades editoriais do ano que acaba así como do que se aveciña, 2014. Ata alí, viaxaron representantes de once editoriais galegas co fin de afianzar a súa presenza no continente, xa que como ben sinalan desde Kalandraka “esta é a cita editorial máis importante de Iberoamérica”.

Para facerse unha idea do que supón, basta con apuntar que 700.000 persoas acudiron o pasado ano aos distintos stands. Por certo, a Consellería de Cultura xunto á Asociación Galega de Editores (AGE) contan cun propio no que mostran o seu traballo as empresas OQO, O Patito Editorial, Galaxia, Baía, Positivas, Rodeira, MCSport, Ideas Propias e Edicións Linteo.

A representación galega tamén vén dada porque a organización invitou ás escritoras Final Casalderrey e Elena Galego a falar da súa obra desde onte ante o público na sección Ecos da FIL.

No caso de Nova Galicia Edicións e Kalandraka, ambas editoriais apostaron por ter stand propio. O de Kalandraka “está decorado con ilustracións da obra ganadora do VIN Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, Mamá, de Mariana Ruiz Johnson, que está causando moita expectación entre o público”, apuntan desde a editorial, que tamén presenta a súa novidade CoraSons. Este trátase dun proxecto dirixido por Uxía no que participaron máis de 40 artistas.

Por parte desta editora, explican que acoden a Guadalajara para celebrar encontros con distribuidores de México, Brasil, Perú, Uruguay ou Arxentina. Estas reunións son claves para penetrar en devanditos mercados. De feito, ” a presenza de Kalandraka en Latinoamérica está cada vez máis afianzada”, engaden.

Unha proba é que o Goberno arxentino incluíu no seu plan lector o álbum A viaxe do bisavó, de Marta Farias e Aitana Carrasco. Deste xeito, uns 125.000 exemplares chegaron a escolas púbicas do país, hospitais, bibliotecas e outros centros.

Tamén ata o 8 de decembro, atópase en Guadalajara o director xeral de Ideas Propias, Pedro López. O selo vigués especializado en formación multisoporte participa baixo o abrigo do stand de AGE e Xunta. A pesar do recente inicio da feira, “xa recollemos os primeiros froitos coa firma dun novo acordo con Noriega Editores que se materializará coa coedición de dous destacados títulos do noso catálogo: Elaboración y exposición de comidas en el bar y cafetería (de almudena Villegas) e Gestión del bar y cafetería (de Rosell Salvó). Antes de que finalice a Feira, prevemos pechar outros novos acordos”, indican desde a editorial.

Este selo xa está presente en varios países latinoamericanos (Colombia, México e EEUU) e dentro do seu plan de crecemento desexa incrementar a presenza no mercado internacional, principalmente, buscando alianzas con socios locais.

Fonte: Faro de Vigo

Foto

Fadita fosca! marcha a Cee, deixo momentos vividos na Coruña

Martes 6 agosto, entre as 6 e 7 da tarde, algunhas imaxes e reflexións.

Miguel Vázquez Freire e Xosé Tomás facendo o tempo antes do comezo da feira e da presentación, estaban moi relaxados e parecía que con poucas ganas de nada.

Mais non foi así e Miguel falou da importancia da relación interxeracional na familia, concretamente entre av@s e net@s e o papel de transmisores de historias, hoxe case perdido, pero de grande importancia no futuro lector. Tamén saiu a conto a “triloxía” de Miguel Vázquez Freire: María é maior, Xurxiño quere ser e Fadita fosca, pequenos relatos do cotiá sempre protagonizados polos nenos e con moita presenza dos avós, mesmo protagonismo. Mentres, Xosé Tomás facía a caricatira do “avoíño”; QUE GUAPO QUEDOU!.

O debate e a presentación posterior deron lugar á nova do día 7, que recomendamos “A importancia da tradición oral nos hábitos lectores”

A continuación, Xosé Tomás empeñouse en facernos traballar e “obligounos” a pensar unha microhistoria cos tres protagonistas da Triloxía para debuxala… pero fixo o que lle deu a gana !!!XD

Finalmente, autor e ilustrador, ilustrador e autor, non sei… asinaron exemplares dos seus libros. Aquí, para as Bibliotecas Municipais da Coruña.

E mañá en Cee, VÉMONOS ALÍ!!!

 

Rematada a Feira do Libro da Coruña, marchamos coa mosca á de Cee

Fadita ceeToda vez que rematou a Feira do Libro da Coruña, Baía Edicións trasládase á de Cee.

Despois das presentacións da Feira do Libro da Coruña, mañá martes 13, Miguel Vázquez Freire, Xosé Tomás e Belén López levamos a Fadita Fosca! á Feira do Libro de Cee, onde o autor falará na súa terra da mosca. Ás 20:00 horas.

Deixamos aquí un momento da presentación na Coruña, cos autores asinando libros

Arrinca a edición máis plural de «Viñetas desde o Atlántico»

O debuxante Max abrirá esta tarde o ciclo de conferencias na Coruña.

A Coruña volve ser unha cidade de cómic, polo menos por unha semana. Autoridades, organizadores e autores déronse cita onte no Quiosco Alfonso para inaugurar oficialmente a décimo sexta edición de Viñetas desde ou Atlántico cunha oferta plural, «mostra da riqueza do medio, que alcanzou unha madurez e unha variedade de propostas que debemos defender», asegurou o director do Salón do Cómic, Miguelanxo Prado, na presentación.

O epicentro da actividade comiquera coruñesa, o Quiosco Alfonso, acolle as exposicións dos dous invitados foráneos, Baru e Frank Lle Gall, ás que acompañan as de Susanna Martín, Enrique Fernández e Fausto Isorna. Doutra banda, en Palexco poden verse os orixinais de Max e David Aja; e na sala de exposicións do Palacio Municipal de María Pita están colgados os debuxos de Jan nunha dobre mostra: unha sobre o Supergrupo e outra titulada Jan só hai un, cuxo comisario, Antonio Martín, presenta esta tarde.

A oferta expositora complétase coa habitual retrospectiva do que deu de si a banda deseñada galega neste último ano -«un termómetro co que medir o noso nivel creativo», segundo definiuna Prado- na Casa dá Cultura Salvador de Madariaga; e a mostra que acolle o Aquarium Finisterrae, que aúna cómic e mar.

Aínda que o salón chegará á súa última viñeta o vindeiro domingo, as exposicións continuarán abertas ás visitas ata o día 4 de setembro. Antes, o venres pola tarde e durante a mañá do sábado, os autores invitados porán o seu talento a disposición dos fans na tradicional sesión de firmas e dedicatorias que se celebrará no Quiosco Alfonso.

E en canto ás conferencias dos artistas participantes no Salón, esta mesma tarde está previsto que comecen con todo un clásico, o catalán Francesc Capdevila, Max, abrindo fogo.

Fonte: La Voz de Galicia

Xa falta pouco para a Feira do libro da Coruña. Estades convidad@s!

O 1 de Agosto, como cada ano, comeza a Feira do Libro da Coruña, unha cita de referencia no noso país e a terceira do estado.

Alí estaremos cos nosos libros en todas as casetas de librarías e presentando algunhas novidades. ESTADES CONVIDAD@S!

Martes, 6 agosto

18:00 horas. Presentación Fadita fosca!, de Miguel Vázquez Freire e ilustracións de Xosé Tomás, quen realizará un taller de ilustración.

19:00 horas. Presentación A neve e o lume, de Chelo Suárez. Asistirán Marica Campo, Chelo Suárez e Belén López.

Mércores, 7 de agosto

18:00 horas. Calros Silvar falará da súa última obra, O carballo (A aventura de vivir), e explicará como debuxar unha árbore.

Xoves 8 de agosto

21:00 horas. Presentación do poemario de Xabier Correa Corredoira, Resina de poliéster. Asistirán Xavier Seoane, que fará unha introdución crítica á obra, Pocho Taxes, que acompañará con guitarra eléctrica ao autor na lectura dos seus poemas, e Belén López.