Entradas

Ábrese a posibilidade de corrixir a toponimia galega en Google Maps

Google anunciou esta semana que permitirá que os usuarios modifiquen algúns dos datos dos seus mapas en Andorra, Bulgaria, Estonia, Hungria, Letonia, Lituania, Eslovaquia, Eslovenia e España para mellorar deste xeito a súa calidade. Entre eles os nomes dos lugares, que en Galicia incluia erros en moitas ocasións.

Esta iniciativa forma parte dun proxecto chamado Ground Truth que comezou en 2008 co obxectivo de acadar mapas precisos e actualizados botando man de fontes orixinais algoritmos e tamén da intelixencia colectiva dos usuarios e usuarias. Os internautas podes deste xeito emendar os erros e ausencias, incorporar elementos pequenos que non se rexistraran na primaira versóns dos mapas e corrixir a toponimia e microtoponimia, que adoitaba incluir erros e anacronismos.

Aproveitando esta posibilidade Prolingua anima a todos os usuarios de Google Maps a modificar a toponimia galega incorrecta ou que inclúa castelanismos. Para facelo só hai que clicar na esquina inferior dereita do mapa un boton que pon “informar dun erro” e escribir o comentario de corresponda. Por exemplo, ao buscar a vila -galega- de Baiona vemos com en Google Maps aparece como Bayonne. Unha caste de galicismo neste caso que Google se compromete a corrixir nunhas horas.

Fonte: Praza