Entradas

As grandes empresas de internet apenas tributan nos países onde se insiren

As grandes transnacionais de internet apenas tributan nos países onde se insiren e buscan sempre aqueles onde a tributación é moito menor.

Google, Apple, Yahoo, Amazon, Facebook, Microsoft, e Bay, etc, veñen realizando unha serie de operacións fiscais que lles permiten tributar o mínimo polos seus negocios, trasladando o máis relevante das súas facturacións a outros países onde se tributa menos, como sería o caso de Luxemburgo ou Irlanda. Segundo o portal Lecturalab, citando fontes de El País, os xigantes gañan por goelada. Google leva os seus beneficios ás Illas Bermudas e refactura os seus custos cunha marxe de entre un oito e un dez por cento en Google Ireland e Google Inc, en concepto de servizos de marketing, investigación e desenvolvemento. Segundo o mesmo xornal, a empresa declarou pérdidas en España no ano 2012, o que tamén fixo Apple.

Amazon vén de mercar Buyvip, transformándoa nunha empresa de servizos chamada Amazon Spain Services. Non declara beneficios, declara pérdidas por non poder deducir boa parte dos gastos. Yahoo factura o 85% da súa publicidade dende Luxemburgo e o resto dende Irlanda.

Fonte: AGE

Google entende o galego a través das buscas por voz

Un dos detalles que dende hai anos destacaban en Android era a posibilidade de realizar buscas por voz (posteriormente levada tamén a outros sistemas operativos e incluso ao navegador Google Chrome), o que axiliza a realización de numerosas funcións sen ter que empregar o teclado virtual móbil pero, aínda que dende 2010 entendía o español sen problema, tiña problemas co resto de linguas do Estado, o que vai camiño de solucionarse, pois Google comezou a espallamento aos seus servizos a súa busca por voz en 13 novas linguas, entre as que figuran o éuscaro, o catalán, o portugués europeo e o galego.

Polo momento esta función está limitada a dispositivos con Android 2.2 ou superior dende o widget de busca ou coa aplicación de busca por voz. Deste xeito, xa non quedan marxinadas das buscas orais en Google as buscas as persoas con nomes en galego que conteñan a letra x, numerosos topónimos e, por suposto, consultas realizadas directamente na nosa lingua.

Con esta medida a busca por voz de Google chega a 42 linguas e acentos de 46 países e, aparte das antes mencionadas linguas peninsulares, tamén inclúe soporte para búlgaro, finés, húngaro, islandés, noruegués, romanés, serbio, eslovaco e sueco.

Fonte: Codigocero

Google acorda pagar 22,5 millóns de dólares por xogar sucio con Safari

A compañía tecnolóxica Google accedeu a pagar 22,5 millóns de dólares á Comisión Federal de Comercio de EE.UU. (FTC) por violar unha orde dese organismo que lle obrigaba a respectar a privacidade dos usuarios do navegador de Apple, Safari.

Segundo informou a FTC nun comunicado, a penalización acordada con Google é a maior na historia por infrinxir un mandato da Comisión.

O montante marca da multa responde á reincidencia de Google, que en outubro de 2011 chegara a un acordo coa FTC que lle prohibía destorcer o grao no que os consumidores podían exercer control sobre a captación da información que xeran mentres usan internet.

Naquel caso, a FTC denunciou que Google usaba “tácticas enganosas” e violou as súas promesas de privacidade cando lanzou o seu servizo Google Buzz.

Con todo, a FTC atopou evidencias de que, durante varios meses entre 2011 e 2012, Google “instalou certos programas (cookies) de rastrexo publicitario nos computadores dos usuarios de Safari que visitaron páxinas web incluídas dentro da rede comercial DoubleClick, de Google”, segundo o comunicado.

Google indicara previamente, que debido ao funcionamento por defecto do navegador de Apple, eses usuarios de Macs, así como iPhones e iPads, quedaban “automaticamente” excluídos do seu sistema de rastrexo.

A FTC constatou que, a pesar desa premisa, Google buscou a forma de sortear “” as características de bloqueo de Safari para situar unha das súas “cookies” de rastrexo no sistema que actuou como vía de entrada para o dominio DoubleClick.

Eses programas de rastrexo encárganse de recompilar a información dos usuarios de navegadores de internet co fin de coñecer que temas lles interesan e facerlles chegar publicidade ou outros contidos non solicitados.

A publicidade en internet é o principal negocio de Google, que no pasado trimestre ingresou 10.960 millóns de dólares.

“A multa récord neste asunto envía unha clara mensaxe a todas as empresas baixo unha orde de privacidade da FTC”, dixo Jon Leibowitz, presidente dese organismo federal.

“Non importa o grandes ou o pequenas que sexan, todas as empresas deben acatar as ordes da FTC
e manter as súas promesas de privacidade aos consumidores ou terminarán pagando moito máis do que lles custou cumprir (co mandato) en primeiro lugar”, engadiu Leibowitz.

Fonte: Galiciaé