Artigos

A diferencia entre o libro infantil tradicional e o interactivo é a forma de narrar

Javier Celaya moderou a mesa redonda Aplicacións: O futuro da edición infantil, actividade do programa de Liber 2012.  Catro editoriais do Grupo Edita Interactiva, que publican en formato aplicación, trataron sobre as seguintes cuestións:

¿Cómo competir no App Store? A convivencia entre os grandes do sector e os pequenos. Canto custa facer unha aplicación ? e sobre todo, canto custa recuparalo investimento?. O  proceso de producción (story, guión técnico, traballo con ilustradores e deseñadores) e equipo necesario (tradutores, correctores, locutores, deseñadores, programadores).¿En qué mercados se venden máis aplicacións infantieles?.

Os ponentes Marga Martínez Garriga, Editorial Sanoen;  Karina Ibarra, Arquinauta Consulting; Noemí Pes Escofet, Editorial La tortuga Casiopea; Arturo Puig, Editorial ItBook, espuxeron o seu punto de vista e respostaron a varias das cuestións prantexadas. Karina Ibarra subliñou a importancia de ter claros os obxectivos, unha cuestión que pasa para ela por ofrecer solucións que outros non ofrecen e detectar as deficiencias que se van apreciando, así como buscar un nicho de mercado. Diante das constantes dúbidas sobre se o que se fai para os soportes dixitais é realmente un libro, todos coincidiron en que a diferencia co libro tradcional é a forma de narrar.

Fonte: AGE