Artigos

Os animais da xungla e da sabana

Neste marabilloso libro interactivo, os máis pequenos espertan os sentidos tocando e escoitando os animais.  Poden tamén tocar a crina do león ou a pel do elefante para experimentar novas sensacións.

MÁIS INFORMACIÓN

Todas e todos os que formamos parte de Baía Edicións vos desexamos un FELIZ 2015!

Todo o cadro de persoal de Baía Edicións deséxavos a todas as nosas usuarias e usuarios unha boa entrada de ano no 2015! Sempre na compañía dun bo libro! Aquí vos deixamos un lote deles:

Sanatoria. Historia dos nenos raros

Miña querida Sherezade

A cerna do segredo

María Barbeito. Unha vida ao servizo da escola e dos escolares (1880-1970)

Modelos de lingua e compromiso

Colección Emocións

Colección Fabulando

Colección O meu pequeno animalario

Colección Rodribico

Colección As 50 máis comúns

 

A cola de dragón

Xabier é o protagonista desta historia, na que nos explica como aprendeu que, ás veces, nos enfadamos moi forte por accións que logo desaparecen.

Os libros desta colección falan diso, dos sentimentos e as emocións: primeiro aprendendo a recoñecelas (decatarme que estou triste); a saber expresalas (dicir “quérote”, “estou triste” ou “síntoo”); tamén aprendendo a autocontrolarse (pensar antes de falar ou pegar), a facer amigas e amigos; e, finalmente, a ser responsable.

MÁIS INFORMACIÓN

Aprender a dicir que non

Xabier é o protagonista desta historia, na que nos explica como recoñeceu e aprendeu a dicir que non cando lle piden algunha das súas propiedades.

Os libros desta colección falan diso, dos sentimentos e as emocións: primeiro aprendendo a recoñecelas (decatarme que estou triste); a saber expresalas (dicir “quérote”, “estou triste” ou “síntoo”); tamén aprendendo a autocontrolarse (pensar antes de falar ou pegar), a facer amigas e amigos; e, finalmente, a ser responsable.

MÁIS INFORMACIÓN

A superheroína supersónica

Ana é a protagonista desta historia, na que nos explica como descubriu que era o medo e como facelo desaparecer dentro do soño que se lle repetía polas noites.

Os libros desta colección falan diso, dos sentimentos e as emocións: primeiro aprendendo a recoñecelas (decatarme que estou triste); a saber expresalas (dicir “quérote”, “estou triste” ou “síntoo”); tamén aprendendo a autocontrolarse (pensar antes de falar ou pegar), a facer amigas e amigos; e, finalmente, a ser responsable.

A colección sobre Emocións xa en Baía!

Na casa e na escola, as persoas maiores encargadas da túa educación ensínanche a comer ben, coidar o teu corpo, ler, escribir e moitas outras cousas. Pero ás veces están tan preocupados porque aprendas tanto e teñas boas notas que lles esquece aprenderche como actuar cando tes medo, discutes coas túas amizades ou tes ganas de chorar, por exemplo. Iso chámase educación emocional e é algo moi importante nas nosas vidas, porque a forma en que nos sentimos e comportamos cos demais ten moito que ver coa felicidade (ou non é certo que es máis feliz cando estás con ese amigo ou esa amiga coa que falas dos problemas que tedes en vez de rifar?).

Os libros desta colección falan diso, dos sentimentos e as emocións: primeiro aprendendo a recoñecelas (decatarme que estou triste); a saber expresalas (dicir “quérote”, “estou triste” ou “síntoo”); tamén aprendendo a autocontrolarse (pensar antes de falar ou pegar), a facer amigas e amigos; e, finalmente, a ser responsable.

Ana ou Xabier son os protagonistas destes libros, nos que se contan aventuras polas que pasan e nas que deben recoñecer, aprender e poñer en práctica todo o que lles provoca medo, tristeza, alegría ou rabia, entre outras emocións.

Ao final do conto encontrarás unhas actividades pensadas para que poñas en práctica os teus sentimentos e emocións e aprendas a resolver só os teus conflitos.

Títulos:

  1. A miña amiga invisible (A morte)
  2. A cola de dragón (A rabia)
  3. As estrelas de cores (A alegría)
  4. Os sacos de area (A tristeza)
  5. A superheroína supersónica (O medo)
  6. A nube gris (A preocupación)
  7. Aprender a dicir que non (A asertividade)
  8. Pensar as cousas (A impulsividade)
  9. Cando estou tranquilo (A tranquilidade)

A Deputación de Ourense convoca o XII Premio Pura e Dora Vázquez de narración infantil e xuvenil

A xunta de goberno da Deputación de Ourense aprobou as bases do XII Premio Pura e Dora Vázquez de narración e ilustración infantil e xuvenil, dotado con 3.000 euros para as dúas modalidades.

Este certame “quere recoñecer a calidade literaria e artística de traballos creados para nenos e novos, fomentar a lectura entre este público e destacar a figura das escritoras Pura e Dora Vázquez”, segundo destaca o organismo provincial nun comunicado.

Ao premio, na súa modalidade de narración, poderán concorrer todos aqueles autores de calquera nacionalidade que presenten os seus orixinais en lingua galega.

Os textos presentados han de ser inéditos e totalmente orixinais. As obras, a temática das cales será libre pero axeitada para o público infantil ou xuvenil, terán unha extensión mínima de 25 páxinas e máxima de 100, formato A4, fonte Times New Roman, tamaño de letra 12 e interlineado 1,5 liñas.

A presentación dos orixinais poderá realizarse no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense e os concursantes deberán remitir seis exemplares da obra nun sobre pechado no que indiquen no exterior ‘Premio Pura e Dora Vázquez de Narración’.

As obras irán asinadas exclusivamente con pseudónimo. Dentro do sobre introducirase outro sobre pechado no exterior do cal figurará o pseudónimo do autor e título da obra e no seu interior os seguintes datos: título da obra, nome, apelidos e pseudónimo do autor, dirección postal, teléfono, enderezo electrónico e unha fotocopia do DNI.

O xurado emitirá o seu ditame no primeiro trimestre de 2015 e a Deputación resérvase os dereitos da primeira edición da obra premiada nos idiomas galego e castelán.

Unha vez fallado, convocarase o premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración, e as obras presentadas nesta modalidade tomarán como base o texto premiado na modalidade de narración.

Fonte: GaliciaHoxe. Foto

Baía prepara unha nova colección sobre emocións

Baía Edicións prepara 9 títulos para a súa colección Emocións na que se tratarán temas como a morte, a alegría, o medo, a tranquilidade, a preocupación, entre outras. Recoñecer e saber expresar emocións e sentimentos é moi importante para o desenvolvemento das nenas e dos nenos entres os dous anos e medio e os oito anos.

Arredor dunha historia na que Ana ou Xabier pasan por algunha aventura, recoñeceremos, aprenderemos e poremos en práctica todo tipo de emocións e sentimentos.

Títulos:

  1. A miña amiga invisible (A morte)
  2. A cola de dragón (A rabia)
  3. As estrelas de cores (A alegría)
  4. Os sacos de area (A tristeza)
  5. A superheroína supersónica (O medo)
  6. A nube gris (A preocupación)
  7. Aprender a dicir que non (A asertividade)
  8. Pensar as cousas (A impulsividade)
  9. Cando estou tranquilo (A tranquilidade)

Baía Edicións tamén en Leoteca

Leoteca é unha comunidade infantil onde a lectura convértese nunha actividade moito máis atractiva. Ao unirse a Leoteca, ao mesmo tempo que os máis pequenos len, tamén comparten as súas experiencias cos seus amigos, compañeiros e profesores.

Leoteca é un espazo dedicado á literatura infantil especialmente pensado para a participación dos pícaros pero no que os adultos tamén desempeñan un papel activo.

Ningún neno ou nena pode entrar a formar parte de Leoteca sen o consentimento previo dun adulto: os seus pais ou titor escolar.

Leoteca

Bo Día do Libro Infantil, deixamos un enlace a contos e actividades para celebralo

Busca “Xoga e aprende con Rodribico” na nosa web e pasa un bo día coas historias e actividades que se propoñen.

Ah! e non esquezas voar coa túa imaxinación!

Rodribico é unha pega marza á que lle encanta estar forte e vivir todo tipo de aventuras. Rodribico habita nunha inmensa árbore, con grandes pólas, e no seu niño ten todas as comodidades que unha ave pode desexar.

Ademais de voar, xogar, e divertirse, o que máis feliz o fai é compartilo todo cos seus amigos e amigas.

Neste enlace poderedes acceder aos cinco títulos da colección e a novos contidos e actividades

http://www.baiaedicions.gal/rodribico/index.php?option=com_content&view=article&id=63&Itemid=53

http://www.baiaedicions.gal/galego/infantil-xuvenil/rodribico.html

Rodribico aprende a voar

Rodribico e o mar

Rodribico visita a cidade

Rodribico e a noite

Rodribico vai ao circo