Artigos

Celebramos o Día da Narración Oral con Paula Carballeira e A Burra Ramona na Libraría Biblos

A Burra Ramona, o último libro publicado de Paula Carballeira  foi o conto elixido por Baía Edicións
para conmemorar este día tan sinalado, coincidente coa entrada da primavera. Paula fíxonos pasar unha boa tarde e animounos a participar, mesmo cantando, pois Paula entende a narración como un acto colectivo.

Xosé Tomás fixo o posible por seguila coas ilustracións, cousa non doada e amosounos como a imaxe pode acomnpañar a palabra de forma armoniosa. Ao final, Tomás animounos a reinterpretar as cores do libro, que levamos para a casa en pequenas láminas para colorear.

Como é habitual neles, a Libraría Biblos estaba perfectamente prepararda para a ocasión, cunha exposición coas láminas do libro.

Grazas desde Baía pola tarde tan estupenda, da que deixamos algunhas imaxes.

Paula Carballeira visita Betanzos coa Burra Ramona, así conmemoramos o Día da Narración oral

Na libraría Biblos será recibida polo ilustador, Xose Tomás. Paula contaranos a historia da burra e Tomás amosará como a debuxou.

Así conmemoramos o Día da Narración Oral, 20 de marzo, cuns días de retraso porque a Burra está cansa.

O sábado 22 ás 18:00 horas na libraía Biblos; estades tod@s convidad@s.

A Burra Ramona, en Santiago, da man de Paula Carballeira e Xosé Tomás

Deixamos algunha imaxes da presentación na tenda Nikis en Santiago, con Paula Carblleira e Xosé Tomás estreado a camiseta de Ramona!

Mentres que Paula contaba a historia da burra e nos facía traballar a tod@s as presentes, Xosé Tomás afanábase en seguirlle o ritmo e debuxar, tarefa non doada!!!

Nenas e nenos con máscaras seguían tamén a historia, mesmo axudaban a recreala. A tod@s nos gustou moito Ramona!

Agora a prepararnos para a seguinte presentación, o sábado 22 en Betanzos e sei que irá Ramona.

 

 

 

Despois do Día de Rosalía, contamos con Paula Carballeira e a Burra Ramona

Despois de recordar a Rosalía e o que significa nas múltiples conmemoracións que do seu Día se fixeron, toca seguir a divulgar e gozar coa nosa cultura.

E que mellor maneira que cunha sesión de narración ao vivo de Paula Carballeira, acompañada con debuxos, tamén ao vivo, de Xosé Tomás presentano A Burra Ramona? Só falta a burra ao vivo.

Este xoves ás 18:00 h na tenda Nikis de Santiago de Compostela (Preguntoiro,26) onde ademais de pasar un bo momento con Paula e Tomás, poderás facerta co libro e a camiseta de A Burra Ramona.

Agardámoste, de seguro que non te decepcionará este burra que gusta de mirar o ceo.

 

Paula Carballeira fala d’A burra Ramona no programa ‘Somos quen’

A burra Ramona. Autora: Paula Carballeira. Ilustracións: Xosé Tomás

A burra Ramona, un bo día, deixa de traballar e decide que quere voar. A súa decisión vai influír nunha chea de personaxes que, colaborando con ela, van conseguir realizar os seus soños aprazados e mesmo desouvir os mandados do exército e do rei.

A actriz e autora Paula Carballeira fala da súa última obra A burra Ramona no programa Somos Quen da Radio Galega. O día 11 de xaneiro de 2014 no minuto 13:00. Para visualizalo clica AQUÍ.

A burra Ramona

A burra Ramona, un bo día, deixa de traballar e decide que quere voar. A súa decisión vai influír nunha chea de personaxes que, colaborando con ela, van conseguir realizar os seus soños aprazados e mesmo desouvir os mandados do exército e do rei.

MÁIS INFORMACIÓN

A colección FABULANDO, de Mon Daporta na Libraría Biblos de Betanzos en Decembro de 2013

O sábado 7 de decembro de 2013 ás 12:00 na Libraría Biblos de Betanzos, Xosé Leis e Isabel Risco (coa Compañía Maquinaria Pesada) fixeron unha representación moderna das tradicionais fábulas de La Fontaine e Esopo. Colección FABULANDO, Mon Daporta.

Chicho Chicharra

O galo Ernesto

O corvo Gundemaro

O sapoconcho Andrés

A colección FABULANDO, de Mon Daporta este sábado en Betanzos

Este sábado 7 de decembro ás 12:00 na Libraría Biblos de Betanzos, Xosé Leis e Isabel Risco farán unha representación moderna das tradicionais fábulas de La Fontaine e Esopo. Colección Fabulando, Mon Daporta.

Chicho Chicharra

O galo Ernesto

O corvo Gundemaro

O sapoconcho Andrés

Coñeceremos un pouco máis a LÓBEZ, este sábado en Gondomar

Este sábado 23 de novembro, ás 12:00 horas, na Biblioteca Municipal de Gondomar, o CLUB DE LECTURA COMPARTIDA LENDO CONTIGO de Espazo Lectura organiza un encontro literario con Antonio Yáñez Casal, que xirará sobre LÓBEZ, publicada en Baía Edicións. No acto estará presente o autor, con quen o público asistente poderá intercambiar impresións sobre a súa obra.

O Salón do Libro gaña o primeiro Premio do Público Culturgal

Comparten espazo no Pazo da Cultura de Pontevedra e daranse a man o próximo día 1 de decembro, cando Culturgal entregue ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra o primeiro Premio do Público que se resolve despois de vinte días de votación na rede na que o público puido optar entre as tres opcións propostas pola organización.

O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra é un programa do Concello de Pontevedra que naceu hai quince anos e que ten como obxectivo a promoción da lectura nas primeiras idades. Neste tempo, consolidouse como unha cita obrigada na que milleiros de persoas participan nunha completa programación converte o Salón no principal escaparate das novidades culturais para as primeiras idades, editoriais mais tamén de artes escénicas e musicais.

Quince anos de libros

Impulsado en 1999 por un grupo de persoas que buscaban a creación dun novo espazo para que o público máis novo se atopara cos libros e a lectura ten nos seu obxectivo o ser un foro de festa literaria, de cita cos libros das crianzas e promoción das novidades do sector cultural que medra arredor de públicos novos.

O Salón homenaxeará na próxima edición ao conxunto de escritores e escritoras que foron recoñecidos nas anteriores edicións e que dan medida da solidez da  nosa literatura infantil e xuvenil. María Vitoria Moreno, Neura Vilas e Anisia Miranda, Bernardino Graña, Xabier P. Docampo, Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey, Paco Martín, Gloria Sánchez e Marilar Aleixandre compoñen o ronsel de autores e autoras que compartirán recoñecemento colectivo ao se cumpriren 15 anos do nacementos do Salón do Libro en Pontevedra.

“Cociñando Contos” é o tema escollido para a próxima edición, vencellado ao proxecto europeo “Europa a la carta” no que participa en parcería coa editorial Oqo.  A ilustradora da AGPI que se encargará de deseñar o o cartel será Natalia Rey González, Pirusca que traballa na imaxe do encontro que terá lugar do 14 de marzo ao 5 de abril.

O Salón do Libro impúxose ao Festival de Cans e a Puntogal nunha elección a través da páxina web de Culturgal que rematou no inicio do día de hoxe, cando os votos emitidos deron o trunfo á iniciativa de Pontevedra. O premio entregarase nun acto público na propia feira o domingo día 1 de decembro.

Fonte: Sermos Galiza