Artigos

XIII Simposio O Libro e A Lectura: Ler para comprender o mundo

A Asociación Galega de Editoras celebra o XIII Simposio O Libro e A Lectura: Ler para comprender o mundo, os días 15 e 16 de decembro, no Auditorio do CCG, en Santiago de Compostela. Nesta ocasión, o evento co que se pretende fomentar a lectura, contará con tres conferencias, a cargo de Xabier Docampo, Quico Cadaval e Gustavo Martín Garzo; e dúas mesas redondas, baixo o título Compartindo lecturas, abrindo fiestras. A continuación pódese consultar o programa completo:

xoves 15
16:30 h.
INAUGURACIÓN
• Xosé Ballesteros, Presidente da AGE
• Ramón Villares, Presidente do CCG
17:00 h. conferencia
Xabier Docampo
LER NA ESCOLA: O RISCO DE PRENDER LUME
Presenta: Paz Castro, Kalandraka Editora
18:00 h. café
18:30 h. conferencia
Quico Cadaval
LER PARA CRER
Presenta: Bea Campos, actriz

venres 16
10:00 h. Mesa redonda I
COMPARTINDO LECTURAS, ABRINDO FIESTRAS
Modera: Belén López, Baía Edicións, secretaria da AGE
• Cristina Novoa, Bibliotecas escolares de Galicia
• Carmen García Paz, CIFP Anxel Casal de Monte Alto
• Gracia Santorum, Club de Lectura, IES Laxeiro de Lalín
11:00 h. café
11:30 h. Mesa redonda II
COMPARTINDO LECTURAS, ABRINDO FIESTRAS
Modera: María Xesús Gómez, Editorial Rodeira, tesoureira da AGE
• Mercedes Queixas,  Secretaria xeral da AELG
• Carlos Coira, Libraría Trama
• Ánxeles Roca, Bibliotecaria
13:00 h. conferencia
Gustavo Martín Garzo
O TERRITORIO DO LOBO
Presenta: Henrique Alvarellos, Alvarellos Editora, vicepresidente da AGE
14:00 h. clausura

 

O XIII Simposio O Libro e A Lectura: Ler para comprender o mundo conta coa colaboración de CEDRO, CCG e a Concellaría de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago.

As persoas interesadas en asistir ao Simposio poderán realizar a inscrición de balde até o día 9 de decembro no seguinte enderezo electrónico: s.tecnica@editoresgalegos.org 

Entregarase un diploma sempre que se acredite un 75% a asistencia ao evento. Aforo limitado

Fonte: AGE

Reflexións sobre O libro e a lectura nos medios

Algunhas das bibliotecarias asistentes á décimo primeira edición do Simposio O libro e a lectura amosaron públicamente  que sentían que era a edición máis triste das máis de 9 nas que tiñan participado como público, e non pola ausencia de público atento, máis de 60 persoas, que nunca decepciona e, con independencia dos temas a tratar, enche o auditorio do Consello da Cultura Galega, desprazándose dende  Ourense, Lugo ou A Coruña, senón pola derruba que se percebe cando son xornalistas os que teñen que falar da realidade da información cultural e dos medios tradicionais e a súa atención aos sectores da cultura do país.

Elementos para a reflexión 

A xornada deixou interesantes argumentos para a reflexión de todos os axentes culturais implicados nos procesos de comunicación cultural: Que os axentes do  libro e a lectura teñen que adaptar as súas estratexias á segmentación das audiencias, outra realidade na que todos os intervintes coincidiron e que vén de constatarse nos datos ofrecidos por Manuel Gago, director de culturagalega.org. Que público cultural é variado e heteroxéneo e pode compartir ou non a súa afición pola música coa afición coa lectura, outro si acontece co cine e outros produtos adiovisuais. Que o libro debe estar atento ao nichos de mercado, bucear entre o mar das redes sociais para achegarse aos seus lectores e calibrar o protagonismo que foron cobrando os  blogueiros, xornalistas, críticos, etcétera, como mediadores cos lectores. Que o xornalismo cultural ten que contar con profesionais formados e os responsables dos medios, públicos e privados, democratizar os procesos de información prestando atención ás necesidades culturais da audiencia. Que o xornalismo, sexa por precario ou por banalizar a información cultural, non está respondendo ás actuais demandas socioculturais. Que os medios tradicionais están perdendo influencia en favor doutros recursos comunicativos, moito máis participativos e atentos aos cambios sociais.

Os xornalistas participantes amosáronse moi pragmáticos e realistas no que atinxe á valoración da situación pola que atravesan os medios tradicionais  e recoñeceron as dificultades dos contidos culturais para  facerse cun oco nos seus espazos, tendo tamén en conta a actual crise mediática e a relación entre contidos e publicidade. Os medios de comunicación máis pequenos, incluso unipersoais, con criterios pouco economicistas, moito máis centrados no traballo especializado e nesas audiencias segmentadas, desprenderon moito máis optimismo en canto ao futuro e as posibilidades da información cultural.

Fonte: AGE

Aberto o prazo de inscrición do XI Simposio O libro e a lectura nos medios

A edición número once do Simposio O libro e a lectura, unha iniciativa da Asociación Galega de Editores organizada por vez primeira no 2003, terá lugar o 20 de novembro no auditorio do Consello da Cultura Galega. O prazo de inscrición estará aberto até o 17 de novembro. O libro e a lectura nos medios será o tema baixo o cal 14 relatores expoñerán as súas  experiencias e propostas relacionadas coa realidade actual dos medios e a súa aportación e atención á lectura e o libro, cernes do coñecemento e a cultura. A entidade organizadora conta coa colaboración de  CEDRO, a  Xunta de Galicia e o Consello da Cultura Galega.

Programa e inscricións              

O Simposio O Libro e a Lectura é unha actividade anual da AGE que sempre contou coa atención e o interese de numerosos profesionais e axentes relacionados co libro de toda Galicia. Por este foro de reflexión e debate pasaron numerosos especialistas e profesionais de todo o abano do libro e a lectura, tamén do eido internacional: Bibliotecarios, editores, libreiros, distribuidores, profesores, expertos en propiedade intelectual, comercio internacional, marketing, redes sociais, novos soportes de edición, feiras profesionais do libro, etcétera. A experiencia das dez edicións anteriores augura un novo éxito de público atento e interactivo, que refresca sempre os debates e prantexa as cuestións máis candentes e sustanciais. Inscrición gratuíta.

Adianto do programa

Descargue a folla en pdf

Descargue a folla en word

FONTE: AGE

O libro e a lectura nos medios será o tema do XI Simposio da AGE

A edición número once do Simposio anual  O libro e a lectura, unha iniciativa da Asociación Galega de Editores organizada por vez primeira no 2003, desenvolverase o 20 de novembro no auditorio do Consello da Cultura Galega. O libro e a lectura nos medios será o tema baixo o cal 14 relatores expoñerán as súas propostas e experiencias relacionadas coa realidade actual dos medios e a súa aportación e atención á lectura e o libro, cernes do coñecemento e a cultura. A entidade organizadora conta coa colaboración de  CEDRO, a  Xunta de Galicia e o Consello da Cultura Galega.

Programa e inscricións              

Durante 9 edicións o Simposio contou cun amplo programa repartido en dúas xornadas, celebradas sempre un xoves e un venres do mes de novembro de cada ano. Motivos de carácter orzamentario obrigaron á redución dos contidos á metade. Por este foro pasaron numerosos e sobranceiros especialistas e profesionais do abano do libro e a lectura. Bibliotecarios, editores, profesores, expertos en propiedade intelectual, comerico internacional, marketing, redes sociais, novos soportes de edición, feiras profesionais do libro, etcétera. A experiencia das dez edicións anteriores augura un novo éxito de público atento e interactivo, que refresca sempre os debates e prantexa as cuestións máis candentes e sustanciais.

O prazo de inscrición para esta xornada do 20 de novembro comeza o día 27 de outubro e remata o 17 de novembro.

Adianto do programa

Fonte: AGE

Calendario Profesional do Libro e da Lectura 2014

A edición dixital pasa polas bibliotecas

Os editores ollan para as bibliotecas. As necesidades que estes centros detectan na transición á lectura dixital así como as solucións que lle dan marcan o X Simposio o Libro e a Lectura que se celebrou onte no Consello da Cultura Galega baixo o lema O futuro da biblioteca no entorno dixital.

Non é a primeira vez que o simposio dos editores se dedica a estes centros de lectura, mais desta volta, “trátase de abordar o futuro desde o tránsito cara ao paradigma dixital”. Nese campo, sinala Bragado, “as bibliotecas son as institucións principais para o acceso á lectura en condicións de igualdade por parte de toda a cidadanía”. No entanto, fronte a esta función clásica, este tipo de espazos están a ampliar as súas funcións. “ten un papel importante no fomento da lectura, pero tamén na alfabetización dixital, sobre todo neste momento no que se está a incorporar a nova lectura sobre pantallas e soportes dixitais que integran o hipertexto”. Segundo explica Bragado, a situación “provoca novos retos aos que as bibliotecas teñen que facer fronte e solucionar problemas para os que non existen aínda alternativas claras, especialmente no caso dos préstamos para lecturas en soportes móbiles”. Dentro desta problemática, o presidente dos editores salienta “o que está a acontecer coas bibliotecas no contorno escolar, coa súa incorporación a estes procesos de tránsito dixital”.

A experiencia dixital na Coruña
Unha das convidadas a explicar a súa experiencia no encontro é Maria del Mar Larouba, directora da biblioteca González Garcés da Coruña, xestionada pola Xunta. O centro desenvolve, entre as súas múltiplas actividades, proxectos de alfabetización dixital. “Temos unha aula Cemit (Centros para a Modernización de Inclusión Tecnolóxica) e cursos propios de ferramentas web e informáticas para os usuarios”, explica. Canda a isto, como xa vai sendo habitual en diferentes bibliotecas do país, o centro ten dispoñibles ordenadores con conexión gratuíta a Internet, wifi e préstamos de DVD, CD ou mesmo libros electrónicos cos seus aparellos de lectura.

Éxitos e algún fracaso
Como principais éxitos na incorporación das novas tecnoloxías, Larouba apunta que “cada vez máis o usuario vaise dando conta de que a biblioteca é un lugar onde atopar algo máis que libros”. E nese sentido salienta o éxito de soportes como DVDs ou CDs. “Teñen unha proporción altísima de préstamos en relación co volume de fondos que temos no conxunto”, unha aceptación que tamén se observa na utilización dos computadores para acceder á rede. “O emprego das redes sociais ten moito éxito, aínda que os usuarios maiores teñen más problemas para se achegar a elas”. Entre as áreas nas que se detecta máis reticencia nesa transición, a directora da González Garcés apunta o préstamos de lectores e libros electrónicos. “Funcionan, pero menos do que agardabamos. Non sabemos exactamente por qué, supoñemos que son múltiples causas e aínda é moi cedo para facer unha avaliación, hai que lle dar tempo”. A se enfrontar aos retos deste novo xeito de traballar “os profesionais non temos problema. Penso que a maioría estamos moi concienciados de que temos que ofertar información aos usuarios en calquera soporte”, explica.

O novo modelo
Dentro dos retos pendentes está o xeito no que as bibliotecas asumirán a distribución en préstamo de productos electrónicos. “Un libro non ten problema. Está editado, adquírese, procésase e ponse a disposición. Os soportes electrónicos esixen un intermediario, unha plafatorma e unha rede para transmitir esa información aos usuarios. Penso que o problema está mais nos editores e distribuidores que deben atopar o seu modelo. Nós temos claro que unha información publicada lle interesa ao público e o que temos que facer é achegarlla”, sinala a directora. Nesa liña, adianta que “vai haber unha mudanza moi grande no sistema de selección de obras e no xeito no que os usuarios das bibliotecas accederán a elas”. O feito de se tratar de contidos intanxibles vai facilitar que se dea “unha maior centralización na adquisición de obras e nas plataformas de acceso. Cada biblioteca non pode ter a súa. Logo seguramente falaremos de licenzas de uso, aínda que non se sabe ben cal será o sistema de pago. De modelos como o das bibliotecas universitarias, que hoxe pagan cantidades autonómicas por subscricións, posiblemente pasemos a licenzas de carácter nacional”. É dicir, que unha entidade central adquirirá o dereito de que as diferentes bibliotecas que dela dependen poidan emprestar en determinadas condicións certos produtos dixitais. “Aquí será a Biblioteca de Galicia o centro de referencia neste sentido”. O proceso está xa se a abordar desde experiencias como Galiciana, a Biblioteca Dixital impulsada desde a Xunta que oferta unha grande cantidade de material libre de dereitos Nese sentido, segundo lembra esta bibliotecaria, o Ministerio de Cultura convocou un concurso, pendente de resolución para dotar dunha plataforma e de contidos de libros electrónicos para as bibliotecas de todo o territorio estatal, e a Biblioteca Nacional iniciou contactos coa entidade Red.es para recolectar o depósito legal das publicacións electrónicas.

Editoras e bibliotecas
En canto á relación entre a edición e as bibliotecas, lonxe de considerar unha competencia o préstamo gratuíto de libros, Bragado sinala que “canto máis socios teñan as bibliotecas mellor. É un sinal de vitalidade no sector da lectura. O seus usuarios son lectores que mercarán libros para ler ou agasallar. As bibliotecas teñen todo tipo de soportes, obras de referencia e xeran debate arredor dos libros con actividades como os clubs de lectura”. Ademais, salienta que o traballo dos bibliotecarios “é decisivo para os editores. Trátase dunha institución esencial para a mediación entre o autor e os lectores. Debemos colaborar e coñecer o criterio dos bibliotecarios, que moitas veces nos orientan para a confección de catálogos, sinalan as nosas carencias ou nos orientan nun diálogo que deberiamos potenciar”. Do mesmo xeito, a directora da González Garcés apunta que “temos que atender as demandas dos usuarios, e os editores ven que as bibliotecas adquiren determinadas obras e non outras, teñen tamén que se mover. Podemos ser un paradigma para ver como mudan os hábitos de lectura, que é o que a xente está a demandar”. Canda a isto, non se pode esquecer o papel das bibliotecas como clientes dos editores ao adquirir as novidades editoriais de xeito masivo, un investimento que Bragado non dubida en calificar como “moi importante” para o sector. Hai que pensar que existen publicacións de grande formato, enciclopedias ou coleccións que atopan nestes espazos os seus clientes idóneos. Canda a isto, Bragado lembra que as bibliotecas permiten o acceso a obras que xa non están nas librarías”. Coincide neste sentido con Larouba, quen apunta que “un servizo básico que lles damos ás editoras é o do Depósito Legal. Conservamos, almacenamos e difundimos material desde 1958. Eles saben que o temos e poden obter esa información para a reeditar”.

A importancia e os recortes
Bragado sinala ademais a importancia destes centros para as comunidades nas que están inseridas. “A biblioteca é a primeira institución cultural para a comunidade local. Está a biblioteca, o centro de saúde e o centro educativo”. A partir deste papel fundamental, Bragado denuncia a precarización que están a sufrir estes espazos para a lectura. “Nos últimos anos o Ministerio de Cultura suprimiu as partidas para adquisición de novidades, que é un dos maiores disparates que se teñen cometido no ámbito da cultura. En Galicia reducíronse practicamente un 65% os fondos para adquisición de fondos” explica. “Nestes tempos onde se incrementa a desigualdade social, o papel que teñen para garantir o acceso á lectura en igualdade faise aínda máis importante. E iso pódese comprobar a ver o incremento no número de usuarios e de préstamos”.

Fonte: Culturagalega

O futuro da librería será o tema central do IX Simposio

O IX Simposio O libro e a lectura vaise celebrar en Santiago o 9 de novembro, baixo o tema central de O futuro da librería. A xornada vai concitar en Compostela a destacados profesionais do sector do libro. Este foro vense celebrando ininterrumpidamente dende o ano 2004. A actividade está patrocinada por Cedro e organizada pola AGE. Colabora o Consello da Cultura Galega.

Inscricións ata o 6 de novembro: comunicacion@editoresgalegos.org

Avance do programa

Venres 9 de novembro

09:30 Recollida de documentación.

10:00 Sesión inaugural: intervencións do presidente da AGE

10:30 Conferencia inaugural: A comercialización do libro a través das canles das librerías. Desde o punto de vista da edición. Manuel Gil, editor

Presenta Manuel Bragado Rodríguez

11:30 Pausa Café

12:00 Panel de experiencias de éxito: A utilización das redes sociais nas librerías

Xosé Rodríguez Lois, de Redelibros ( Vigo)

Carlos Airas Cota, da Librería Airas das Letras (Allariz)

Damià  Gallardo, de Librerías Laie  (Barcelona)

Presenta Antón Lado

13:00  As feiras do libro, Antón Pedreira (Vicepresidente da Federación de Libreiros de Galicia)

Presenta Xulio Amigo

14:00  Remate xornada da mañá.

16:30  Mesa redonda: Os modelos de negocio das librerías.

Librerías Nobel- Grupo Arnoia (Pontevedra)

Enric Faura, de Edicat ( Barcelona)

Juan Carlos Febrero, Casa del Libro  (Vigo)

Carlos Coira Nieto, de  Libraría Trama (Lugo)

Presenta Laura Rodríguez.

17:30  Conferencia  O futuro da  librería,  Marià Marín i Torné,  Secretario del Gremi de Llibreters de Catalunya

Presenta Belén López

19:00  Conclusións

19:30  Remate da xornada. 

Fonte: AGE

Foto: Xunta