Entradas

Aula Virtual, subidos novos recursos para o profesorado

Damos a benvida ás profesoras e profesores que se incorporaron esta semana á nosa Aula Virtual, onde estamos nun continuo proceso de “subida” de recursos educativos e rexistro de usuari@s.

Onte informamos das novidades incorporadas ao longo do verán: O aproveitamento do cine na materia de Historia do mundo contemporáneo, e as Programacións de Linga galega e Literatura e Economía.

Hoxe informamos de que están á vosa disposición o Libro virtual Documentos para o estudo da Historia 2º e as Actividades de Lingua Galega e Literatura 2 (unidades 1 a 5), estas últimas para acceso exclusivo do profesorado autorizado mediante rexistro.

Agardamos que vos  sexan de utilidade!

 

 

Os premios da edición serán entregados en Vigo no mes de marzo

A cidade de Vigo acollerá por segunda vez a gala da Noite da Edición de Galicia. O proceso de propostas e votacións dos editores para os libros e iniciativas do ano 2012 comezará na vindeira semana de xaneiro. Un xurado decidirá entre os finalistas escollidos polos editores.

Os Premios Ánxel Casal, unha homenaxe ao sector editorial galego, veñen convocándose ininterropidamente dende o ano 2005. As cidades de Lugo, Ourense, A Coruña, Santiago e Vigo acolleron as diversas edicións da gala de entrega de premios. Na gala do ano 2011, celebrada no Hotel A quinta da auga de Compostela, tivo lugar a estrea dos vídeos de homenaxe a Díaz Pardo e Carlos Casares, realizados por Illa Bufarda. GADISA colabora desde hai varios anos co evento patrocinando a presentación do acto.

Fonte: AGE

Material didáctico

LIBRO ELECTRÓNICO 1º TEMA DE SOCIAIS DE 2º DA ESO

Descarga do contido

– FÍSICA E QUÍMICA. 1º DE BACHARELATO
Programación didáctica 2008

– QUÍMICA 2º DE BACHARELATO
Programación didáctica 2009

– FÍSICA 2º DE BACHARELATO
Programación didáctica 2009

– ECONOMÍA 1º BACHARELATO
Programación didáctica 2004

– ECONOMÍA DA EMPRESA 2º BACHARELATO
Programación didáctica 2009

– GALICIA CC. SS. XEOGRAFÍA E HISTORIA 2º BACHARELATO
Programación didáctica 2003

– HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO 1º BACHARELATO
Programación didáctica 2008

– HISTORIA DE ESPAÑA 2º BACHARELATO
Programación didáctica 2009

– GREGO 1º E 2º BACHARELATO
Programación didáctica 2007

– EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL 1º E 3º ESO
Programación didáctica

– PROXECTO CURRICULAR MÉTODOS ESTATÍSTICOS E NUMÉRICOS
Programación didáctica

Gran éxito do libro galego de ocasión

O libro galego de ocasión conta xa cunha experiencia de éxito grazas á colaboración do Concello de Allariz, a Librería Airas das Letras e aos editores galegos.

A fin de semana pechouse cunha notable asistencia de público maioritariamente familiar. Puxéronse á venda  648 títulos dos máis diversos xéneros a prezos exclusivos para esta tenda outlet, que demostrou que a venda do libro galego de ocasión vai ser unha oportunidade e que a súa saída depende da visibilidade e da promoción. A feira tamén foi unha estupenda plataforma para as editoriais representadas. Vendéronse moi ben os libros infantiles e xuveniles pero tamén a narrativa e o ensaio.

O magnífico espazo habilitado na entrada da cidade tamén foi o escenario de actividades lúdicas de fomento e animación á lectura.  A colaboración entre editores, libreiros e institucións municipais pode dar aínda moito xogo durante o ano 2012.

Fonte: AGE